Esta páxina achega un pequeno estudo toponímico das distintas parroquias do concello de Ourol.
Esperamos que poida ser de utilidade para quen sinta curiosidade por esta forma distinta de observar a nosa historia, os que pasaron por estas terrras e lles deron nome.
Nota: omitimos todos aqueles con significado transparente.
___________________________________________________________
ABELEDO (Ourol)
Topónimo que remite a un lugar onde abundan as abeleiras.
A ABELLEIRA (Miñotos, Xerdiz, Ourol)
AS ABELLEIRAS (Ourol - lugar de Cernado)
O termo "abelleira" significa o mesmo que "colmea" ou "enxame". Portanto, o topónimo remite a un lugar onde había colocadas colmeas.
Nalgúns casos, o lugar estaba cercado para protexer as colmeas dos animais, e un tanto lonxe da poboación. É un topónimo moi común en toda A Mariña, do Vicedo ata Ribadeo.
No dicionario de Madoz (S. XIX) non figuran estas Abelleira(s), pero si figuran dúas entidades de poboación na parroquia de Galdo, "Abelleira de Catarón" e "Abelleira de S. Miguel".
Nalgúns casos, o lugar estaba cercado para protexer as colmeas dos animais, e un tanto lonxe da poboación. É un topónimo moi común en toda A Mariña, do Vicedo ata Ribadeo.
No dicionario de Madoz (S. XIX) non figuran estas Abelleira(s), pero si figuran dúas entidades de poboación na parroquia de Galdo, "Abelleira de Catarón" e "Abelleira de S. Miguel".
ABRÓTIGAS (Ourol)
Unha "abrotia", "abrótiga" ou "abrótega" é unha "planta herbácea medicinal e ornamental, da familia das liliáceas".
OS ABRULÁS (O Sisto)
Tamén chamado ABRULALES, coa forma castelanizada.
Este topónimo remite a un lugar no que abundan as abrulas, plantas tamén chamadas noutras zonas estalote, alcroque e bilitroque, de nome científico 'Digitalis purpurea'.
AS ACEAS (Ourol)
O apelativo "acea" ten o significado de "muíño fariñeiro". Diferénciase a "acea" do "muíño" en que a acea é movida por unha gran roda hidráulica colocada verticalmente, na corrente do río, en canto que o muíño é movido por medio do rodicio, o cal é colocado horizontalmente.
AMBOSORES (Ambosores)
O termo "Ambosores" indicaría, tal como aparenta, un lugar situado na confluencia dos dous Sor.
O termo "Ambosores" indicaría, tal como aparenta, un lugar situado na confluencia dos dous Sor.
Contodo, non está realmente situado na confluencia. E. Bascuas postula unha orixe en *Ambas-Sor ("río Sor"), co termo prelatino *ambas, co significado de "augas". Para o topónimo "Sor", ver a entrada Río Sor no blog Pena da Cataverna.
ANXERIZ (Xerdiz)
De (uilla) Anserici, forma en xentivo de Ansericus, nome de orixe xermánica, referindo ao nome do antigo posidor da uilla (granxa, explotación agrícola).
ARREXOÁ (San Pantaleón de Cabanas - lugar de Arrexoá)
Este topónimo, malia a atención que leva reparado de varios filólogos, segue a ter significado e orixe incerta.
No dicionario de Madoz (S. XIX) figura como "Rajoá".
Este topónimo, malia a atención que leva reparado de varios filólogos, segue a ter significado e orixe incerta.
No dicionario de Madoz (S. XIX) figura como "Rajoá".
Figura atestado no 1785 como "A Rexoá", ao ser mencionado que nesta parroquia se sitúa o
"Foxo llamado da Rexoá", que "baja en declive hacia el arroyo nombrado da Rexoa rematando en punta" (cf. p. 39 de J. P. Torrente "Osos y otras fieras en el pasado en Asturias". 1999).
É interesante o feito de compartir o nome co regato, co cal cabe a posibilidade de que o nome fose tomado do regato. O mesmo acontece coa Fonte de Arrexoá (Taboada, Lu) e mais a Fonte de Arrexoá (Portomarín, Lu), o Rego da Raxoa (Foz).
Na toponimia galega atopamos as súas variantes con moita frecuencia: Arrexoá (en Taboada, en Portomarín, en Ribadeo), Arrexoa (Palas de Rei, varios na zona asturiana de fala galega), A Roxoá (A Pastoriza, O Corgo), A Roxoa (Barreiros, Láncara, Abadín), A Raxoá (O Barco, O Incio, Taboada), A Raxoa (Foz, Ames), As Raxoas (A Lama -Po). Incluso un Arrexuana (Castroverde) e A Rexoana (Castroverde) que deben tratarse dunha reinterpretación.
Neste elenco de topónimos aprécianse algunhas das variantes que deu o diminutivo latino -ola (-oa, -oá, uá) . Para o caso que nos ocupa, da Arrexoá, esta variante encaixa coa rexistrada noutros topónimos da zona, como Nogueiroá (Miñotos).
Despois de examinar a situación deles, a conclusión preliminar que chegamos é que non sempre quedan preto de regos ou regatos, e por tanto o significado non remite a simples diminutivos de arroio/arroxo, senón que seguen todos un certo padrón orográfico de "escorrentía", que debeu ser a acepción orixinaria. Así, semella plausible interpretar "Arrexoá" como unha forma en diminutivo de Arroxa,da mesma raíz que os coñecidos arroxo/arroio, de orixe prerromana.
En efecto, o filólogo Edelmiro Bascuas asígnalles unha orixe prerromana, no tema paleouropeo *ar-r-, hidrónimo derivado da raíz indoeuropea *er- "moverse". En efecto, sería parte da serie estudada por Bascuas que inclúe topónimos como Arruxo, Arra, Arras, Arruela, etc, e tamén o apelativo galego "arró" 'cómaro, ribazo á beira do río' (cf. p. 63 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Por outra banda, non coincidimos coa interpretación que deu Bascuas para este topónimo concreto, en que lle atribúe unha posible orixe en *Arra-solana. Semella máis plausible a explicación máis simple da orixe nun diminutivo -oá, xa que na zona onde se localiza este topónimo é/foi común a evoución do diminutivo romance -ola para -oá. Así, ademais de Nogueiroá (Miñotos) que indicamos, Carolina Pérez Capelo menciona na Mariña lucense exemplos como As Moás en Foz, Airoá e posiblemente Amoá no Vicedo, así como "teiroá" no léxico común..." (cf. Carolina Pérez Capelo "Toponimia e variación dialectal en galego. Os topónimos rematados en -oa, -oá, -úa, -uá". 2015).
Non debe estar directamente relacionado co termo "arroxa", que o dicionario define como "pedazo de monte queimado", pois tal apelativo soamente se rexistra no sur da provincia de Ourense.
ATIÁN (Miñotos)
De (uilla) Attilani, forma en xentivo de Attila, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola). É un nome de orixe xermánica, formado sobre atta ‘pai’, co sufixo átono diminutivo ou formador de hipocorísticos -ila (HGN, §28, A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)": 144).
O ASCOITO (Bravos)
Este microtopónimo probabelmente remita a un posesor oriúndo do Azcoito das Grañas do Sor. O significado de "Azcoito" énos opaco, non se coñece.
Este Ascoito é interesante ao confirmar o que nos imaxinamos, que O Azcoito das Grañas debeu ser tamén un Ascoito, tal como esixe a fonoloxía do galego (v.g. biscoito, esquerda, etc).
OS BALSEIROS (Miñotos)
Podería remitir ao apelido ou alcume "Balseiro", dos antigos posesores do lugar. De feito este apelido xa está atestado en Galiza no século XIV (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos"). Reforza esta hipótese o feito de ser un apelido frecuente na Mariña e no Ortegal (cf. CAG).
Tamén podería aludir a un terreo cuberto de balsas ou charqueiras, o cal tamén encaixa, xa que é un lugar relativamente chan e ao seu rente queda "O Lago" e "A Fonte dos Balseiros", e máis enriba "As Regas".
BARCES (Ourol)
Este topónimo foi estudado por Bascuas, quen indica que figura atestado en 1453 como "Barçies", e daí derívao do plural Barceas > Barzas, co final relaxado en -es. En canto a "bárcena", Bascuas pón de manifesto o "absoluto predominio" da documentación antiga como varcena e despois varcia. Por isto e outras razóns, deriva "Barcia" dunha forma paleoeuropea *war-ki-na, a partir da raíz indoeuropea *war- 'auga'; non lle dá orixe celta, ao non estar tal raíz estendida no celta (cf. pp. 152-155 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014).
Unha barcia designa un terreo chan e cultivado, ou por veces a campo, xeralmente ao pé dun río (cf. DdD). Orixinariamente significaba algo como "terreo de cultivo próximo a río" (cf. aquí), e despois significou "terra próxima a río e que se inunda". Descoñecemos este caso concreto.
Unha barcia designa un terreo chan e cultivado, ou por veces a campo, xeralmente ao pé dun río (cf. DdD). Orixinariamente significaba algo como "terreo de cultivo próximo a río" (cf. aquí), e despois significou "terra próxima a río e que se inunda". Descoñecemos este caso concreto.
Unha barcia é un
terreo chan e cultivado, ou por veces a campo, xeralmente ao pé dun río (cf. DdD). Orixinariamente significaba algo como
"terreo de cultivo próximo a río" (cf. aquí), e despois significou "terra próxima a río e
que se inunda". Descoñecemos este caso concreto.
Canto á súa orixe, a serie Barcia/Varcia/Barxa foi detalladamente analizada por Bascuas. En efecto, Bascuas pón de manifesto o "absoluto predominio" da documentación antiga como varcena e despois varcia, en canto que a representación con "b" foi excepcional. Por isto e outras razóns, deriva "Barcia" e "Barxa" dunha forma paleoeuropea *war-ki-na, a partir da raíz indoeuropea *war- 'auga'; non lle dá orixe celta, ao non estar tal raíz estendida no celta. Cf. pp. 154-155 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014.
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Bravos (1753) vén recollido este lugar como Barcia. Igualmente no Dicionario de Madoz (S. XIX) figura atestado como "BARCIA".
BAROSO (Ambosores)
Este topónimo ten moi probablemente orixe prerromana, relacionado co topónimo "Vara", que E. Bascuas e outros autores derivan da raíz hidronímica indoeuropea *awer-, 'auga, mollar, chover, fluxo'. Cf. p. 91 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega".
Está relacionado igualmente con Varis (actual Bares).
Está relacionado igualmente con Varis (actual Bares).
O sufixo -oso é un abundancial, polo que Baroso indicaría algo similar a 'lugar onde abunda a auga' - este sufixo, aínda sendo romance é frecuente en hidrónimos prelatinos, tais como "Arnoso", "Argomoso", etc.
É un "irmán" da "Punta Varenta" (Cariño), con sufixación distinta pero igual raíz e significado.
É de notar que, aínda que se podería pensar nun abundancial do apelativo "vara", é improbable pola existencia do conxunto indicado, en especial de "Varenta". Igualmente, Gonzalo Navaza tampouco o inclúe no seu estudo de fitotopónimos.
Houbo un "A Barosa" nas Pontes de G. Rodríguez.
A BITORNA (Ourol -lugar de Cernado)É de notar que, aínda que se podería pensar nun abundancial do apelativo "vara", é improbable pola existencia do conxunto indicado, en especial de "Varenta". Igualmente, Gonzalo Navaza tampouco o inclúe no seu estudo de fitotopónimos.
Houbo un "A Barosa" nas Pontes de G. Rodríguez.
BELSAR (Xerdiz)
De (uilla) Belisarii, forma en xentivo de Belisarius, referindo ao nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola). É un nome de orixe xermánica, o cal non implica que o posesor fose desa orixe.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
O Nomenclator rexistra outro Belsar en Barreiros, así como un Belesar en Vilalba.
BESTERREXULFE (Ourol)
De Bustu Reciulfi, un "busto" dun antigo posesor altomedieval de nome Reciulfus. É un nome de orixe xermánica (cf. P. Martínez Lema aquí).
Un "busto" designaba unha "corte, estábulo", e por extensión un "lugar para pasto", "rabaño de gando vacún" ou "curral de bois e vacas", xeralmente no monte, lonxe das poboacións.
J. Piel matizou que especialmente se refire a “pastos altos, pastos de verán”, citando a Sarmiento, que xa adiantaba as mesmas ideas.
Gonzalo Navaza, na súa Toponimia de Catoira, di que os topónimos "Busto" e "Bustelo" naceron na Alta Idade Media como granxas ao cargo dunha familia de servos que coidaba os rabaños dun señor. Neste sentido, e seguindo a J. J. Moralejo, M. Costa deriva bustum do composto proto-céltico *bou-st-om 'estancia (para/de) vacas' (cf. blog Frornarea), á súa vez derivado da raíz indoeuropea *gwōw- 'vaca' (IEW: 482).
J. Piel matizou que especialmente se refire a “pastos altos, pastos de verán”, citando a Sarmiento, que xa adiantaba as mesmas ideas.
Gonzalo Navaza, na súa Toponimia de Catoira, di que os topónimos "Busto" e "Bustelo" naceron na Alta Idade Media como granxas ao cargo dunha familia de servos que coidaba os rabaños dun señor. Neste sentido, e seguindo a J. J. Moralejo, M. Costa deriva bustum do composto proto-céltico *bou-st-om 'estancia (para/de) vacas' (cf. blog Frornarea), á súa vez derivado da raíz indoeuropea *gwōw- 'vaca' (IEW: 482).
BESTEBURIZ (Miñotos)
De Bustu Eburici, un "busto" dun antigo posesor altomedieval de nome Eburicus (ou Oburicus), nome de orixe xermánica.
Un "busto" designaba unha "corte, estábulo", e por extensión un "lugar para pasto". Ver BESTERREXULFE para máis detalles.
Un "busto" designaba unha "corte, estábulo", e por extensión un "lugar para pasto". Ver BESTERREXULFE para máis detalles.
O BETANCEIRO (Ourol)
Terreo antigamente pertencente a un oriúndo de Betanzos (Bravos)
BETANZOS (Bravos)
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Bravos (1753) vén recollido este lugar de Betanzos.
O termo
"bitorna" posiblemente sexa composto de "torna", con
"torna" no sentido de "espita", 'caño'. Hai varias
"fonte da bitorna" que parecen encaixar e confirmar este significado.
Os topónimos
"Torna", "Torno" e "Retorno" son de orixe
prerromana, cun significado de "chorro de auga", probablemente
derivados da raíz hidronímica prerromana *ter- 'frotar, atravesar'.
Ver a entrada
específica de blog Pena da Cataverna para máis detalles.
A BÓVEDA (Miñotos)
Este topónimo semella transparente, en canto a remitir a algunha construción abovadada singular (torre, muíño, ermida, fonte).
Almeida Fernandes asigna esta orixe aos topónimos portugueses Aboadela (en Amarante e en Lamego) a la misma voz que está detrás del actual abóbada (no sentido de ‘fonte arcada’), atestada como Abovadela (1220), Bovadela (1158, 1349) no caso da do concello de Amarante.
Podería indicar o lugar onde vivían tratantes de cera. O dicionario define "borreiro" como "comerciante de cera". Cf. DdD.
No entanto, Pode tamén interpretarse como aludindo a lugar con "borra", residuos, talvez pedregallo. É interesante reparar en que no dicionario de Madoz (S. XIX). ademais deste topónimo, aparece "Borra" na veciña San Pantaleón de Cabanas. Isto parece reforzar en que "borreiros" non se refere a tratantes de cera. Talvez, incluso, Borreiros aludiría a oriúndos de Borra, aínda que é unha mera especulación.
No entanto, Pode tamén interpretarse como aludindo a lugar con "borra", residuos, talvez pedregallo. É interesante reparar en que no dicionario de Madoz (S. XIX). ademais deste topónimo, aparece "Borra" na veciña San Pantaleón de Cabanas. Isto parece reforzar en que "borreiros" non se refere a tratantes de cera. Talvez, incluso, Borreiros aludiría a oriúndos de Borra, aínda que é unha mera especulación.
A BÓVEDA (Miñotos)
Etimoloxía incerta,
talvez do latín *Uoluitam, "volta", ou dun xermánico *boww- "granxa,
edificio".
Corominas derivábaas
de dun xermánico *buwitha, e este de *buwan "construír,
morar".
Cf. aFrornarea.
No dicionario de Madoz (S. XIX) figura como "BOVEDA".
No dicionario de Madoz (S. XIX) figura como "BOVEDA".
BRAVOS (Bravos)
Este topónimo probablemente ten significado transparente de terreos incultos, baldíos.
Moralejo Laso, interpreta este topónimo, xunto con outros "Bravos" de Touro, Friol, Lugo, Páramo, etc, como orixinado no adxectivo dese nome, aludindo a "agreste, terreo sen roturar", por oposición a "mansu" (cf. A. Moralejo, 1981. "Notas acerca de algunos topónimos de la comarca de Betanzos" in "Anuario Brigantino").
No século XVIII atopámolo atestado como "Brávos" (cf. aquí "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
Este topónimo probablemente ten significado transparente de terreos incultos, baldíos.
Moralejo Laso, interpreta este topónimo, xunto con outros "Bravos" de Touro, Friol, Lugo, Páramo, etc, como orixinado no adxectivo dese nome, aludindo a "agreste, terreo sen roturar", por oposición a "mansu" (cf. A. Moralejo, 1981. "Notas acerca de algunos topónimos de la comarca de Betanzos" in "Anuario Brigantino").
No século XVIII atopámolo atestado como "Brávos" (cf. aquí "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
O BRIZO (Ourol - lugar de Cernado)
Un "brizo" é unha "planta da familia das umbelíferas", que medra en sitios húmedos.
BURGÁS (San Pantaleón de Cabanas)
Etimoloxía controversa.
Hai outro "Burgás" en Xermade, atestado en 1124 como "Sancta Eolalia de Burganes" (cf. E. Cal Pardo, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999), é interpretado por Bascuas como hidrónimo de orixe paleoeuropea, da forma *burga, derivada da raíz indoeuropea *bher- 'ferver, bulir'. Así, burganes indicaría unha zona de burgas, quer de auga quente ou de simple fervenza. Cf. p. 35 e 36 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014.
Bascuas menciona tamén o topónimo "Burganes" en Zamora, que tería igual orixe.
Por outro lado, J. Piel deriva os topónimos Burganes, Burgás, Burgán, como derivados do apelativo "burgo", en canto que Bascuas considérao improbábel, dadas as razóns que indica para a indicada raíz *bher-.
Alternativamente, Miguel Costa derívao de *(uilla) Burgalanis, forma en xenitivo de Burgala, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola), nome de orixe xermánica. Cf. blog Frornarea. Porén, Bascuas tamén inclúe os topónimos atestados como Burgala e Burgalanes como hidrónimos.
Hai outro "Burgás" en Xermade, atestado en 1124 como "Sancta Eolalia de Burganes" (cf. E. Cal Pardo, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999), é interpretado por Bascuas como hidrónimo de orixe paleoeuropea, da forma *burga, derivada da raíz indoeuropea *bher- 'ferver, bulir'. Así, burganes indicaría unha zona de burgas, quer de auga quente ou de simple fervenza. Cf. p. 35 e 36 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014.
Bascuas menciona tamén o topónimo "Burganes" en Zamora, que tería igual orixe.
Por outro lado, J. Piel deriva os topónimos Burganes, Burgás, Burgán, como derivados do apelativo "burgo", en canto que Bascuas considérao improbábel, dadas as razóns que indica para a indicada raíz *bher-.
Alternativamente, Miguel Costa derívao de *(uilla) Burgalanis, forma en xenitivo de Burgala, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola), nome de orixe xermánica. Cf. blog Frornarea. Porén, Bascuas tamén inclúe os topónimos atestados como Burgala e Burgalanes como hidrónimos.
Cremos que, neste caso, pese a autoridade de Bascuas, se trata dun "nomen possessoris": de feito, é interesante reparar en que tanto este Burgás como o de Xermade, como o de Chantada, os tres corresponden con entidades de poboación, e o mesmo ocorre con Burgán en Cambados e Burgán en Tordoia. Pola contra, non atopamos ningún "Burgás" ou "Burgáns" non correspondente con entidade de poboación. Tampouco ningún leva artigo, que indicaría un posíbel uso apelativo. Todo isto parece indicar que se tratan de "nomen possessoris", e por tanto reforzar a interpretación indicada de M. Costa.
CABALAR (Ourol)
O adxectivo "Cabalar" por veces remite a unha "(pedra) cabalar" ou cabaleira, unha pedra que monta sobre doutra (cf. E. Rivas, 1989. "Lingua galega, historia e fenomenoloxía"). Xa aparecen atestadas desde antigo:
O adxectivo "Cabalar" por veces remite a unha "(pedra) cabalar" ou cabaleira, unha pedra que monta sobre doutra (cf. E. Rivas, 1989. "Lingua galega, historia e fenomenoloxía"). Xa aparecen atestadas desde antigo:
- ano 572: " ...Portelam de Angares veniens ad Petram Cavalar .."- ano 1169 : " ... ad illam magnam petram nativam que est juxta portum cavalar .."
Tamén na toponimia actual, nagúns casos semella aludir a unha"pena". Así, nas Somozas o Nomenclator rexistra "A Leira das Cabalares", e en Pobra de Trives "A Cabalar", ambos en femenino, polo que encaixaría que o nome destes topónimos elíptico foi "pedra" ou "pena". En Vigo (Pontevedra) atopamos un "A Cabalaria" e ao pé del "A Pedra Cabalaria", onde se conservou o suxeito, así como a forma culta.
Sería preciso confirmar ou descartar a existencia de tal penedo para este lugar.
Alternativamente, pode tratarse dun zootopónimo, remitindo á presenza de cabalos, talvez selvaxes.
Nas Somozas, en Ortigueira, nas Pontes e en Cerceda figuran igualmente outros"Cabalar", os catro igualmente entidades de poboación.
CABANDELAS (Ourol)
Forma en plural, diminutivo de "cabana", do latín capanna 'cabana'. Inclúe o diminutivo antigo en -ela, que nos remite á súa antigüidade.
O CABANEIRO (Xerdiz)
Voz que debe remitir ou ben directamente a un habitante que vive nunha cabana (talvez con oficio de pastor) ou ben ao alcume ou apelido dun antigo posesor.
Segundo Elixio Rivas, en Covelas, Our. cabaneiro é o labrador sen xugada. No dicionario de Aníbal recóllese a acepción de "o que ten gado doutro, a cambio dos seus produtos ou dun tanto na ganancia que deixen as crías".
No portugués figura recollido "cabaneiro" como "homem pobre que trabalha por conta d’outro" (cf. F. Braga Barreiros, 1917. "Vocabulário barrosão. Revista Lusitana, XX: 137-161" e
― 1937 "Vocabulário barrosão". Revista Lusitana, XXXV: 239-303).
Podemos interpretalo como alcume ou apelido dun antigo posesor do lugar. Rosario Soto indica que este alcume xa está documentado como cabanarius no séc XII 'persoa de poucos recursos que vive nunha cabana', ou tamén a de persoa que entrega vacas a outro máis pobre para que as coide e dividir ganancias' (cf. R. Soto, "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia"). Como apelido figura na documentación medieval do mosteiro de Caaveiro uns Petro e Roderico Cabaneiro.
É unha voz relativamente frecuente en Galiza na microtoponimia, como por ex. "O Cabaneiro" en Cerdido, dous no concello de Ferrol, etc. Como provinte de apelido ou alcume debe ser o caso do "Muíño do Cabaneiro" en Ames.
CABO DE VILA (Miñotos)
Este topónimo transparente alude á parte da poboación, lugar ou grupo de casas, situado no "estremo da vila", a parte oposta á entrada principal (cf. p. 48 de X. Marqués, 2018."A toponimia de Trabada").
É un topónimo frecuente e, xunto con outros como CIMA DE VILA e FONDO DE VILA, definen o posicionamento do lugar fronte ao centro da vila.
O CACHÓN (Miñotos)
Un "cachón" é sinónimo de fervenza, augas que caen en cascada.
A CADAVOSA (Merille)
Topónimo que refire a un lugar onde abundan os
cádavos:"toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en
pé". O máis probable é que esta queima aluda a unha actividade de rozas. Cf. DdD.
A CADRA (Xerdiz)
Topónimo que probabelmente remita á disposición chá e rectangular do terreo, á forma cadrada da leira, fronte ao máis xeral de forma alongada.
En efecto, aínda que os dicionario de galego inclúan a acepción de "establo, corte", se observamos a localización dos topónimos "Cadra" de Foz, Barreiros, Muras, así como a d'As Cadra" en Lousame, derívase que en todos os lugares se refire a fincas rectangulares chás, e en ningún caso ten edificacións nin parece encaixar o lugar para que as tivese.
Non podemos descartar, no entanto, que poida aludir aos restos dunha edificación en cadro, en ángulo recto, e remitir talvez a restos romanos (a planta dunha vila ou outro edificio) ou dun castro. Estas cementacións en escuadra resultarían pouco comúns para os poboadores da Idade Media. En efecto, Pascual Riesco asígnalle esta orixe arqueolóxica a varios "Escuadro" existentes na provincia de Zamora e noutras (cf. P. Riesco, 2019. "Toponimia de la provincia de Zamora. Panorámica documental, ...").
CAÍNZA (Miñotos)
O CAÍNZO (Miñotos)
OS CAÍNZOS (Bravos)
Un caínzo ou canizo designa unnha armazón ou tecido de varas, en particular de canas. Constantino García resume as múltiplas acepcións derivadas:
"armazón formado por unas tablas y un entretejido de cañas, varas o mimbres que tiene muchos usos: lateral del carro para sostener la carga; rastro para allanar la tierra después de arada; portilla de una finca; verja; recipiente que recibe las uvas para ser prensadas; cubierta que se coloca al comienzo de la campana de la chimenea y sirve para secar castañas y otros productos; cubierta sostenida por unos palos que hace el servicio de alpendre, etc".
Rivas Quintas recolleu ademais a acepción de "Canaval" (lugar onde abundan as canas ou canaveiras), que pode ser a motivación de parte destes topónimos.
Un "caínzo", na toponimia galega, é un termo frecuente que pode referir a algunha construción ou armazón (talvez unha pesqueira no río) feita de canas ou vimbes. Tamén podemos pensar nun terreo cerrado de vimbes ou canas, nunha trampa feita de canas, ou incluso nunha cancela feita de tales materiais. Tamén encaixa unha adxectivación, de "terreo canizo", onde abundan as canas, tal como recolleu Rivas Quintas.
Por outro lado, seguindo a Navaza, encaixaría noutros topónimos tamén a a acepción de "Pesqueira" da voz "cañizo" (semella castelanismo) recollida por Eladio Rodriguez no seu dicionario.
Canto a "Caínza", trátase doutra adxectivación dalgún termo feminino, como "terra caínza", construción caínza, etc.
O CAL DO VIAITEIRO (Ourol)
Un "cal" ou "cale" designa a zona en forma de canal onde se xuntan dous montes na súa parte baixa.
Un "viaiteiro" é variante na pronunciación de "vieiteiro", o mesmo que "sabugueiro".
O CAL ESCURO (Bravos)
Para "Cal", ver O CAL DO VIAITEIRO.
Canto a "Escuro", aínda que o significado deste adxectivo sexa ben coñecido, non o é tanto a motivación que o orixinou, mais é probábel que os topónimos Escuro, Escura, relativamente frecuentes, aludan á arboreda espesa que tería, e ser por tanto unha adxectivación oposta á de "claro", "clareira", que remite a espazo sen árbores.
O CALVO (Miñotos)
Lugar con pouca vexetación. Tanto "calvo" como "calvelo", calvela e calveira refiren a lugares desprovistos de vexetación arbórea ou arbustiva.
A CAMBARETA (Ourol)
Termo derivado de
"cámbara", de orixe prerromana, e inclúe a raíz *camb- "curvo,
combo" e os sufixos -ara e -eta. O sufixo átono -ara está presente en palabras de orixe prerromana tales como gándara, Támara,
etc.
O Nomenclator rexistra o topónimo "Cámbara" en Xove (en Xuances e en Portocelo).
O CAMIÑO DO MILLÁN (O Sisto)
Este toponimo pode aludir a un "terreo do millán", aludindo ao nome común da planta 'Digitaria sanguinal' que aparece nos terrenos de cultivo, unha planta "poácea", cognado do portugués milhã. En efecto, aínda que non veña citado na obra de Fitotoponimia galega de Navaza, semella plausíbel.
Decía Sarmiento dela:
"Es tan continuadamente fecunda como la mielga y tan útil para las caballerías y ganado vacuno como ella. Llámase millán o millá, y en portugués, según Bluteau, milhaã". De ella dice: He o verde dos bois e bestas, de agosto até os santos”..
Por outro lado, tamén puido aludir o nome a un terreo pertencente a unha persoa apelidada Millán (aínda que é moi pouco frecuente nesta zona), ou a unha antiga uilla altomedival Emiliani, pertencente a un posesor de nome Emilianus.
É curiosa a presenza deste topónimo nos catro concellos do Norte galego, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Ourol, en canto non aparece no resto da Mariña e do Ortegal. Puido tatarse dun apelido máis común noutra época.
O CAMPO DO PIÓN (Ourol)
Neste caso, "pión" ou "peón" posiblemente teña orixe no oficio do posesor deste campo.
O CAMPÓN (varios)
OS CAMPÓS (Ourol)
Prado de secano de moita extensión. Cf. DdD.O termo "camposa" indica un campo grande e chan (cf. DdD).
O CANDEDO (Ourol - lugar do Candedo)
Garabullal, lugar onde hai "candos" ("garabullos", "guizos"). Cf. aquí. Cf. E. Rivas (2001).
En Galicia rexístranse outros topónimos relacionados: Candaedo, Candaendo, a Canda, o Candal, Candaoso, Candaosa, etc. En Asturias, León e Zamora existen as formas correspondentes Cándano, Cándana, Candanal, etc.
O CANTIÑO GRANDE (Ourol)
O CANTIÑO PEQUENO (Ourol)
Forma en diminutivo de "canto". O apelativo "canto" tén varias acepcións en galego; a que xeralmente encaixa na toponimia é a de "recuncho", "lugar apartado", "saliente", "lado". Isto é particularmente probable en topónimos como "O canto do Pazo" (Cervo), "O Canto da Vila" en Silán (Muras), ou "o Canto do Prado" no Burgo (Muras).
Hai quen lle dá a esta acepción de "canto" unha orixe celta, pero iso non é máis que unha posibilidade. Corominas asígnalle unha orixe no latín cantus 'llanta de metal', que tería unha orixe extranxeira, talvez céltica en relación co antigo bretón cant 'circo, aro'. No entanto, a partir da forma protoindoeuropea *kan-tho 'recuncho, extremo', está presente en moitas linguas indoeuropeas, non só celtas, incluíndo o polaco kąt 'ángulo' (< protoeslavo kǫtъ), ou o lituano kampas.
Outra acepción que nalgúns casos podería encaixar é a de "pedra, pedra grande non tallada" presente tamén na maioría dos dicionarios de galego (cf. DdD). Corominas dá por case segura unha orixe céltica (cf. Corominas, DCECH, s.v. canto iii).
O topónimo "Canto" é frecuente en Galiza, incluíndo os derivados Cantelo, Cantiño, Cantón.
Hai quen lle dá a esta acepción de "canto" unha orixe celta, pero iso non é máis que unha posibilidade. Corominas asígnalle unha orixe no latín cantus 'llanta de metal', que tería unha orixe extranxeira, talvez céltica en relación co antigo bretón cant 'circo, aro'. No entanto, a partir da forma protoindoeuropea *kan-tho 'recuncho, extremo', está presente en moitas linguas indoeuropeas, non só celtas, incluíndo o polaco kąt 'ángulo' (< protoeslavo kǫtъ), ou o lituano kampas.
Outra acepción que nalgúns casos podería encaixar é a de "pedra, pedra grande non tallada" presente tamén na maioría dos dicionarios de galego (cf. DdD). Corominas dá por case segura unha orixe céltica (cf. Corominas, DCECH, s.v. canto iii).
O topónimo "Canto" é frecuente en Galiza, incluíndo os derivados Cantelo, Cantiño, Cantón.
AS CAPELAS (Ourol)
En xeral os topónimos "Capela" aluden ao significado transparente de ermida, pequena igrexa. Algunhas veces poderían ter unha acepción xeral de "capa pequena", aludindo á orografía cónica do terreo.
O feito de estar en plural non é significativo: moitas veces o topónimo muda para a forma en plural para referirse á multiplicidade dos terreos aos que alude o topónimo. Ou sexa, que de "A Capela" puido pasar a As (leiras) da Capela e deaí a As Capelas.
O feito de estar en plural non é significativo: moitas veces o topónimo muda para a forma en plural para referirse á multiplicidade dos terreos aos que alude o topónimo. Ou sexa, que de "A Capela" puido pasar a As (leiras) da Capela e deaí a As Capelas.
A CARCALLOSA (Ambosores)
Posiblemente rotacismo por "cascallosa", lugar onde abunda o cascallo ou pedregullo.
Este lugar está atestado no 1305, nun documento sobre a percepción de décimos dos moradores dos
chamados Montes de Sor:
" .. in montibus de Sor scilicet in locis inferius nominatis in Cornido in Nauacara (Nauaora?) in Carcallosa entre Ambolos Sores in Barroso in San Pantaon in Ysai in Lignares in Maia in Caparino in Cabanas .." (cf. CDMACM = E. Cal Pardo, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999).
O CARRUSCO (O Sisto)
De orixe e significado incerto. O elemento pre-romano *carr- "pedra", existe en nomes como carracedo, carrasco, etc.
Por veces asóciase ao celta *karr- "escarpado" (cf. aquí).
O Nomenclator rexistra outro "Carrusco" en Mosende (O Vicedo), e outro en Tramacastilla (Teruel), e un Carrusquiecho, provinte de "Carrusquezo", en Sallent (Huesca).
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Ourol (1753) vén recollido como límite desta o "arroyo de Carrusco".
CASAL GRANDE, O (Ourol)
CASAL PEQUENO, O (Ourol)
A voz "casal" é transparente, e procede do latín casalis. Un casal designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
CASAL GRANDE, O (Ourol)
CASAL PEQUENO, O (Ourol)
A voz "casal" é transparente, e procede do latín casalis. Un casal designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
CASALDARES (Ourol)
Derivado do sintagma Casal de Ares.
Canto a "casal", na Idade Media designaga unha propiedade rural constituída pola casa familiar, as cortes e demais dependencias, e as terras de labor. Posteriormente, o concepto ampliouse para tomar o significado de pequeno grupo de casas dentro dunha aldea.
En canto a Ares, remite ao nome do antigo posesor. O nome Ares, atestado xa na Idade Media, é variante de Arias e Airas, nome persoal, característico do noroeste peninsular, de orixe un tanto incerta (cf. A. Boullón, "Antroponimia Medieval Galega").
A CASILLA (Ourol -lugar de Requeixo)
O nome "casilla", é un castelanismo por "caseta", "garita". Este termo foi introducido a partir do século XIX para designar as vivendas destinadas aos camiñeiros, encargados da conservación das estradas.
Construídas en todas as estradas principais, as "casillas" foron postas en funcionamento coa Real Orde de 26 de febreiro de 1852.
É un topónimo moi estendido en Galiza, e que, nalgúns dos casos, parece indicar a existencia dun dolmen, "forno dos mouros".
Construídas en todas as estradas principais, as "casillas" foron postas en funcionamento coa Real Orde de 26 de febreiro de 1852.
É un topónimo moi estendido en Galiza, e que, nalgúns dos casos, parece indicar a existencia dun dolmen, "forno dos mouros".
O CASTRO (Ourol, San Pantaleón de Cabanas, Miñotos, Xerdiz, O Sisto)
A voz "castro", do latín castrum 'castelo, fortaleza', designa un poboado fortificado de época prerromana e/ou romana, situado en lugar estratéxico (xeralmente nun alto) e defendido con sólidas murallas. En toda Galiza estímase que hai restos de cinco mil castros, o cal dá idea dun poboamento moi intenso e disperso (cf. A. López Carreira, 2016, p. 73. "Historia de Galicia").
É de notar que no caso das poboacións que conservan este topónimo, moitas veces non se atopan no lugar orixinario do castro senón a certa distancia (aínda que nalgúns casos o poboamento continuou ata hoxe na mesma situación do castro orixinario). Por outro lado, os lugares orixinais quedaron no imaxinario popular, percibidos como enclaves nos cales residía o elemento sobrenatural: tesouros, túneis, mouras de cabelos louros etc.), moitas veces sacralizados mediante a construción de ermidas.
Coa conquista romana e posterior romanización, os castros sufriron unha transformación en aldeas galaico-romanas, dándose un abandono progresivo, ao mudaren as prioridades xeográficas, non primando xa a situación estratéxica defensiva e perdendo o uso as murallas (o cal constatan os restos de edificacións alén das murallas ou aproveitando as mesmas murallas). As aldeas galaicorromanas estabelecéronse xeralmente en lugares diferentes dos castros orixinais, pois primaba agora a proximidade ás vías de comunicación, ás terras cultivadas e aos cursos fluviais (cf . J. C. Sánchez Pardo, 2008. "Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antigüedad y la Plena Edad Media"). Este proceso de abandono dos castros aconteceu paulatinamente entre os séculos I e III.
CAXOTO (Miñotos)
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Miñotos (1753) vén recollido o "Coto de Cajoto", ao formar unha xurisdición á parte do resto de Miñotos.
A motivación do topónimo é incerta. Talvez relacionado con "caxoto", na acepción de "bastón, pau longo" (cf. Frampas).
CEBRÁN (O Sisto)
De (uilla) Cipriani, forma en xentivo de Ciprianus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla medieval (granxa, explotación agrícola).
CERDIDO (Merille)
Lugar onde abundan as cerdeiras.
"Nas terras de montaña, vese ao lonxe polo vrau arder o monte en moitos lados, dando de día un basto fume azul que vai empardecendo conforme sube, e véndose de noite as luces e o resprandor das flamas baixas, coma se estiveran acendendo braseiros eiquí e acolá. Ollando ao lonxe, as máis das veces é o fume o único que se move na calma azul da largancía" (cf. Vicente Risco, "Terra de Melide").
CERNADO (Ourol - lugar de Cernado)
De *(fondu) cineratu, "terra queimada". Ver "A CERNADA".
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Ourol (1753) vén recollido o "río de Acernado", que será o que pasa por este lugar.
A CEREIXIÑA (Ambosores)Este topónimo trátase posibelmente dun hidrónimo de orixe prerromana, tal como se explica de seguido.
Neste caso, o termo "Cereixiña" non parece relacionado co nome común "cereixa", con pouco sentido para un topónimo. En efecto, este topónimo foi incluído polo filólogo E. Bascuas no conxunto de topónimos "Cereixa" e "Cereixiña" con orixe nunha forma prerromana paleoeuropea, cun significado de "escuro", derivado dunha das raíces indoeuropeas *kei- 'cor' (xeralmente escura), ou *ker- 'de cor escura, suxo, gris'. Cf. p. 297 de E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014.
Existe tamén unha "Veiga da Cereixa" en Muras e unha "Fonte da Cereixa" en Xermade.
É interesante indicar que aparece un "CEREIJIÑAS" en San Pantaleón de Cabanas no dicionario de Madoz (Séc. XIX).
O CHAO DAS LAGOAS (Ourol -lugar de Requeixo)
Ver "A Lagoa".
O CHAO DAS MEDAS (Ourol)
"Meda" é unha morea de mollos de cereal segado, aínda que podería referir a "mámoa".
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) coa grafía "CHAO-DAS-MEDAS"
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) coa grafía "CHAO-DAS-MEDAS"
O CHAO DO XARAL (Ourol)
Un "xaral" son terras de "xabre" (terra areosa dura, xeralmente formada pola descomposición do granito).
Na comarca, Nomenclator rexistra tamén "xuxarrido", de "xarrido" en Bares e outro "Xaral" nas Negradas, en Landrove, etc.
Os sufixos "-al" e "-ido" e "-edo", presentes respectivamente en xaral e xarrido, son abundanciais.
Probabelmente relativo á forma do terreo en "L", de feito este é o termo para caracterizar, por analoxía, esta clase de terreos.
Analogamente en portugués "chave" denominaba un "recanto ou cotobelo que uma belga ou um terreno faz para algum dos lados" (cf. Elucidário).
Analogamente en portugués "chave" denominaba un "recanto ou cotobelo que uma belga ou um terreno faz para algum dos lados" (cf. Elucidário).
O CIBEIRAL (Miñotos)
Probabelmente teña a orixe en "Aciveiral", con aférese do a-. É un topónimo frecuente, que atopamos por exemplo en Mañón ou en Muras. A aférese é relativamente frecuente, por veces como ultracorrección de pretendidos vugarismos. Con todo, xa atopamos "Civeira in Mindonedo" no Tombo de Oseira no ano 1200 (cf. Lucas Álvarez).
Se fose xa orixinaiamente "cibeiral", entón aludiría a un lugar onde se cultiva "cibeira", do latín cibaria 'víveres, alimentos', plural de cibarium 'alimento', 'fariña groseira', e significa "grao que serve para alimentar o gado" (cf. J. Corominas & J. A. Pascual, "Diccionario crítico-etimológico castellano e hispánico").
O COCHÓN (Ourol)
O termo "cochón" pode significar "pedazo de terreo labradío de certa extensión", aínda que descoñecemos o emprego desta acepción nesta zona.
Tamén pode vir dun alcume referido ao posesor do lugar. De feito, os alcumes Cocho e Cocharro xa figuran rexistrados no séc. XIII (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
Aínda que máis improbable, pode ser unha reinterpretación de "cachón" 'fervenza', aínda que descoñecemos o lugar.
Existen outros topónimos "Cochón" en lugares cercanos como Muras e Mañón.
O COMBARRO (Miñotos)
"Combarro" é unha palabra de orixe pre-romana (comb- + -arro), e significa "alpendre" en algunhas zonas.
Combar significa "torcer", "encorvar".
Na toponimia galega abundan as
"congostras", camiños angostos, entre valados ou ribazos, escavados
no terreo, e estreitos, para paso de xente ou carros. Pode tamén ser sinónimo
de "corgo", córrego.
A palabra vén do latín congusta 'estreita'. Cf. DdD.
A COSTA DA FILLOA (Miñotos)
Este topónimo pode aludir, máis que á comida indicada, que non encaixaría moito en singular para un topónimo, ao apelido ou alcume "Filloa" dun antigo propietario do lugar. De feito, o alcume Filloa xa figura rexistrado como Folloa no séc. XIII ".. Ares Eanes, dito da Folloa.." (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
O Nomenclator rexistra tamén, entre outros, Rego da Filloa en Barreiros.
COSTELAS (Ourol)
O termo "costela" é un antigo diminutivo da palabra costa. Este diminutivo -ela, derivado do latín –ĕlla (feminino de –ĕllu), foi totalmente substituído en galego polo sufixo –iña, comezando xa esta substitución na Idade Media. Polo tanto, estes topónimos poderían ter orixe medieval ou anterior, sendo en xeral anteriores aos correspondentes "Costiña".
O termo "costela" é un antigo diminutivo da palabra costa. Este diminutivo -ela, derivado do latín –ĕlla (feminino de –ĕllu), foi totalmente substituído en galego polo sufixo –iña, comezando xa esta substitución na Idade Media. Polo tanto, estes topónimos poderían ter orixe medieval ou anterior, sendo en xeral anteriores aos correspondentes "Costiña".
O COTO DAS TARABELAS (Miñotos)
Talvez derivado do alcume dun posuidor: tarabela significa, entre outros, "veleta", "toleirán", voluble. É a mesma voz que "trabelo", tendo este sentido figurado pola "mobilidade" da trabelo que tranca e destranca a porta.
Tamén poderíamos interpretalo no sentido literal, como trabelas, o diminutivo trabes, remitindo a un conxunto de árbores propias para derivar delas uns trabelos (vigas pequenas).
Porén, estas interpretacións previas non explican a coincidencia da súa ocorrencia en topónimos referidos a lugares altos. Alternativamente, de orixe paleoeuropea (pre-céltica), derivada da raíz indoeuropea *ter- "fregar, perfurar". De feito, esta é a hipótese de E. Bascuas para o topónimo "Os Tarabelos" en Chavín (Viveiro), aínda que tamén admita a posibilidade de ser un alcume. Cf. p. 281 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia". 2006.
Este Coto das Tarabelas, e tamén a "Pena das Tarabelas" en Muras, encaixan ben nesta interpretación, o mesmo que no caso do Alto da Tarabela en Riós.
Tampouco podemos desbotar a orixe no alcume da familia de antigos posesores: tarabelo significa, entre outros, "veleta", "toleirán", voluble.
Máis difícil semella que remita á colocación no lugar de "tarabelas", na acepción de "espantallo cunha roda que, movida polo vento, bate nunha táboa", xa recollida por Francisco Rodríguez no S. XIX (cf. DdD).
COUCE (Ourol)
A voz "couce" ten múltiples acepcións. Nestes casos vén de calce 'calcañar', e designa por analoxía un "sitio de forma semicircular que remata en terraplén ou baixada pronunciada".
O COUCE DE PAREDES (O Sisto)
Os topónimos "Paredes", frecuentes en Galiza, acostuman remitir á existencia de paredes dunha ou varias casas en ruínas, por veces ruínas castrexas. No entanto, na Idade Media podía tamén aludir a un ‘muro, valado, muralla’ e, en particular, ao ‘valado que cerra e limita unha propiedade’ (cf. X. VARELA, 2008. "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil". in Anexo 62 de Verba. p. 112-113). Esta acepción, xunto coa de ‘ruínas de construcións’ (cf. G. Navaza, 2007, p. 138. "Toponimia de Catoira"), son probablemente os que deron orixe ós topónimos, que aparecen xeralmente en plural.
Probablemente se trataría, xa que logo, dun lugar repoboado que fora antigamente abandonado. Lembremos, como exemplo xustificativo, as mortíferas pestes que ocorreron na Idade Media, que levarían ao abandono de moitas aldeas.
O COUSO (Cabanas)
O termo "couso" acostúmase a interpretar como "sitio coutado", para actividade específica, xeralmente remitindo a un foxo no monte para a caza de alimarias, maiormente lobos. Ten outras acepcións, como a de "sitio para facer cacería, xustas" e a de "horta pequena".
Xa Sarmiento indicaba no séc. XVIII que "nas montañas de Samos chaman [couso] ao buraco ou foxo que se fai para coller lobos".
Silveira fixo tamén esta interpretación, derivándoo do latín medieval caussu, da forma secundaria de participio do verbo caveo 'gardar, vigxiar’, xa recollida por Du Cange (cf. Revista Lusitana n. XXIV, p. 206). Corominas explica couso como resultado dun cruzamento de cosso (< cŭrsum) e couto (< cautum).
É un topónimo moi frecuente en Galiza e na contorna, como no Valadouro, Muras, Alfoz. Nalgúns casos, como "O Couso dos Lobos" (Manzaneda) ou "O Couso do Foxo" (Triacastela), o significado é claramente o indicado.
COUTADO, O (Bravos)
O dicionario define "coutado" como "terreo cercado" (cf. DdD).
CUCHAREGO (Miñotos, Xerdiz)
Forma derivada de "cocho" 'porco', "mamífero da familia dos súidos". Debe remitir a goridas de cochos bravos.
A forma cucharego inclúe o sufixo -ego, de orixe prerromana, presente en moitos outros topónimos, do mesmo modo que "lamego" de lama, "Navego" de navia, "Balsego" de balsa, Pallarega de palla etc.
Este topónimo debeu ter vitalidade como apelativo, pois está rexistrado na maioría dos concellos da comarca, tanto no Ortegal como na Mariña, coherentemente co feito de ser 'cocho' a voz máis común para se referir ao "porco". No resto da xeografía galega están presentes outros topónimos sinónimos, como A Porqueira ou O Porqueiro, tamén presentes en concellos mariñaos (en Viveiro, Ourol, O Vicedo etc).
É de notar que estes topónimos non teñen relación coa acepción que dá o dicionario de Carré Alvarellos, como “leira pequena dedicada a leña ou a prado”, pois non parece que teña tido tanta vitalidade na fala de toda a comarca para quedar só como topónimo.
É interesante reparar que, mentres na maioría dos casos se perdeu a forma -u- fronte a -o- nas -o- pretónicas etimolóxicas, neste topónimo preservouse maioritariamente na gran maioría dos topónimos, probablemente polo influxo do castelán "cuchara".
CUFE (Xerdiz)
Posiblemente de *(uilla) Qualulfi, forma en xentivo de Qualulfus, nome de orixe xermánica, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola). Cf. M. Costa aquí.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
A CURUXEIRA (Ourol)Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
Unha
"curuxeira" designa, metaforicamente, un "lugar en sitio elevado
e con penascos". Cf. DdD.
DÍAZ (San Pantaleón de Cabanas)
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) co nome "DÍAS". Poderíamos pensar nun erro de transcrición, pero repítese varias veces, en canto que moitos outros topónimos baseados en apelidos veñen grafados coa terminación actual -z.
É un caso interesante e penso que a explicación é sinxela: ata non hai moito tempo, a pronuncia dos apelidos sería rematada en -s. De feito, polo menos na zona da Mariña, aínda hai quen lembra (lembramos) chamarlle a certas familias coa terminación en -s, tales como "Os Peres".
É un caso interesante e penso que a explicación é sinxela: ata non hai moito tempo, a pronuncia dos apelidos sería rematada en -s. De feito, polo menos na zona da Mariña, aínda hai quen lembra (lembramos) chamarlle a certas familias coa terminación en -s, tales como "Os Peres".
DORNAS (Bravos)
O termo "dorna" probablemente teña orixe paleoeuropea, e derive da raíz indoeuropea *dheu- "fluir", frecuente en hidrónimos de orixe prerromana (cf. p. 52 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega"). Estaría, por tanto, relacionado cos topónimos como río Doiro (< Durius).
Alternativamente, Xosé Ll. García indica para o correspondente termo asturiano "duerna" ‘artesa’, "ha podido diversificarse semánticamente para aludir a terrenos más o menos envallados o aptos para recibir aguas". Cf. aquí.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
OS ENCANTOS (Ourol -lugar do Viso)
Segundo López Cuevillas, o "encanto", na mitoloxía popular galega, sería un ente misterioso con cualidades sobrenaturais que se converte en ser material. El sería o que garda os tesouros dos castros (cf. F. López, "Prehistoria de Melide", in "Terra de Melide". 1933 e 1978).
Recolle Xabier Moure, para o caso da "Pena Leirada" a lenda ".. hai un encanto por sete reinados, tempos irán e tempos virán que as patas das cabras os descubrirán". Cf. blog O Noso Patrimonio.
Bouza Brey indica que
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
O EITO DA FONTE (Ourol - lugar de Cernado)
Un "eito" é cada anaco en que se divide un terreo para traballalo. É partillado en sucos nun labradío, en canto que nun prado ou monte son os anacos que quedan cando se sega a herba ou cortan os toxos ao ir e volver, ata concluír. Cf. DdD.
OS ENCANTOS (Ourol -lugar do Viso)
Segundo López Cuevillas, o "encanto", na mitoloxía popular galega, sería un ente misterioso con cualidades sobrenaturais que se converte en ser material. El sería o que garda os tesouros dos castros (cf. F. López, "Prehistoria de Melide", in "Terra de Melide". 1933 e 1978).
Recolle Xabier Moure, para o caso da "Pena Leirada" a lenda ".. hai un encanto por sete reinados, tempos irán e tempos virán que as patas das cabras os descubrirán". Cf. blog O Noso Patrimonio.
Bouza Brey indica que
“entre os diversos aspectos que presenta a crenza animista das augas, figura a que supón o poboamento destas por seres marabillosos, por xenios de carácter especial que na nosa terra acadan diferencias específicas. Nos nosos relatos tradicionais, cítanse en primeiro lugar os encantos que moran ademais de nas covas ou minas, nas fontes e nos ríos. Estes seres, no sentir dos nosos primitivos, son, en Galicia, homes e mulleres escravizados polo demo, que dispoñen de grandes tesouros, que andan moi ben portados e que non morren xamais; pero sempre están pensando na maneira de que os desencanten e os deixen, unha vez libres do poder demoníaco, vivir entre cristiáns.”
O termo "encanto" pode tamén remitir, alén dalgunha lenda, coa raíz céltica *kant- relacionada con "rocha, canto, borde", "beira de río con coios".
ERBELLÁS (Miñotos)
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Miñotos (1753) vén recollido o "Coto de Herbellas, es del señorío de Pedro pardo de Zela". Aparece tamén no Dicionario de Madoz (Séc. XIX) como "ERVELLAS".
O topónimo corresponde co plural de "erbellal", grafía alternativa de "ervellal", lugar onde abundan as ervellas (planta leguminosa trepadora).
ESCOURIDO (Ourol)
Onde abunda a "escoura", posiblemente aludindo a pedra de cor do ferro.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este nome.
ESCURO (Bravos)
Aínda que o significado do adxectivo que nomea estas terras sexa ben coñecido, non o é tanto a motivación que o orixinou, mais é probábel que os topónimos Escuro, Escura, relativamente frecuentes, aludan á arboreda espesa que tería, e ser por tanto unha adxectivación oposta á de "claro", "clareira", que remite a espazo sen árbores.
AS ESQUEIRAS (San Pantaleón de Cabanas)
O topónimo "Esqueira" pode indicar un lugar onde abunda a "esca", no senso de "material vexetal fino e seco, que arde con faciliade", ou incluso no sentido ampliado de "comida".
Por outro lado, esqueira tamén é sinónimo de "escada", na acepción existente de "escada rústica que se fai nos cómaros con pedras salientes ou pequenos foxos nos mesmos comareiros (cf. DdD).
En favor da primeira interpretación está o feito da existencia de topónimos "Esqueiru" en zonas de Asturias nas que non se du a caída do -l- intervocálico, co cal non puido vir dun *scalario, senón de esca, forma tamén cmpartida coa lingua asturiana.
Aínda que os dicionarios de galego non recollen "estoxar" coa acepción de "quitar o toxo", cremos plausible interpretar como un derivado de toxo, co prefixo ex-, indicando aquí unha acción de extracción. Aludiría por tanto a unha finca que foi gañada ao monte.
Pensaos que é moi improbable, dado o contexto do topónimo, que teña relación coa acepción para "estoxar" de "aborrecer, anoxar", indicando un calificativo da terra ou un alcume de antiga propietaria.
O Nomenclator rexistra outa Estoxada en Cariño, e mais unha "A Escanavada" en Muras e no Vicedo, que indican lugar ao que lle sacaron as canas ou canaveiras.
Pensaos que é moi improbable, dado o contexto do topónimo, que teña relación coa acepción para "estoxar" de "aborrecer, anoxar", indicando un calificativo da terra ou un alcume de antiga propietaria.
O Nomenclator rexistra outa Estoxada en Cariño, e mais unha "A Escanavada" en Muras e no Vicedo, que indican lugar ao que lle sacaron as canas ou canaveiras.
OS FELPOSOS (Bravos)
Probablemente Felposo se trate dun sobrenome, aludindo aos antigos propietarios destes terreos. Como alcume podemos talvez interpretalo, seguindo a Rosario Soto para o alcume Felpinus (séc. XIII), como "peludo, pero tamén podemos pensar nun comerciante ou fabricante dese tecido, ou simplemente na persoa que o viste". Indica ademais que o atestamento desta voz Felpón, en plural "Felpoes" ocorre no séc XIII, o mesmo para Felpinus, Felpeiro no séc. XIV e Felpeto no séc. XVI (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").(cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
Non semella casual que atopemos concentrados este Felposos en Ourol e en Muras O Felpón, O Felpeto e O Feltraño. Isto semella apuntar para a hipótese de Felpón e Felpeto aludiren a comerciantes de felpa, e de feltro para O Feltraño.
O Nomenclator rexistra O Felpón, O Folpón e Felpeto en Muras e un Felpós como poboación de Palas de Rei.
A FERRAXOSA (Ambosores)
Debe aludir a un lugar onde abunda a "ferraxe" (forraxe), ou axeitado para o seu cultivo. Así o interpreta Gonzalo Navaza (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
A voz ferraxe está ben documentada nesta acepción:
“un cereal de invierno -trigo, centeno, o la mezcla de ambos- denominada ferraxe”, “las tierras de primera calidad producen trigo, las de segunda ferraxe, las de tercera maíz”, “una alternancia de trigo o ferraxe como cereales de invierno, con el maíz y la cebada como cultivos de primavera”, “trigo, ferraxe, maíz, cebada”, 1531: “centeno, mijo y ferraxe por voto” (cf. P. Saavedra, 1985. "Economía, política y sociedad en Galicia: la provincia de Mondoñedo, 1480-1830").
Alternativamente, do latín ferruginosa, aludindo ao carácter da auga dunha fonte ou nacencia de auga.
FIGUEIRO (Ourol -lugar do Cernado)
Topónimo que remite ao sobrenome dun antigo posesor destas terras. O alcume Figueiro xa está atestado no séc. XII ("uobis domno Pelagio, cognomento Ficario.." 1140 CODOLGA).
AS FIOSAS (Ourol)
A FLEIRA (Ourol)
Posiblemente veña de "freira" por disimilación, e aludiría ao sobrenome ou ao oficio dun antigo posesor/a do lugar.
Podemos pensar tamén no termo "feleira", pero as acepcións que ten semellan difíciles de encaixar nun topónimo: O fel, o saco do fel, Dano (cf. DdD).
FOLGOSO (Bravos)
FOLGOSELO (Xerdiz)
AS FULGUEIRÁS (Ourol)
Plural de "fulgueiral", lugar onde abundan os felgos.
A FURADA DOS AMERILLÓS (Ourol)
De "felgoso", "lugar onde abundan os felgos".
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este nome.
FOLGOSELO (Xerdiz)
Diminutivo de "folgoso".
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) transcrito (por erro) como "FOLGELO".
A FONSALVA (Bravos)
Este topónimo debe provir dun nome de posesor "Afonso Albo". A evolución para a forma actual sería por reinterpretación como artigo A Fonsalvo, e a posterior homoxeneización de xénero A Fonsalva.
FONTE DO GATO (Bravos)
Podería tratarse dunha alusión expresiva ao cativa que é a fonte. Sería un uso similar ao Rego do Gato (Xuances), que o saltan os gatos. Alternativamente, pode remitir ao nome persoal ou apelido Gato, frecuente nesta comarca. As fontes na toponimia en moitos casos levan asociado o nome persoal, que debe corresponder á persoa que as amañou ou propietaria do lugar.
É un topónimo relativamente frecuente, así hai outra Fonte do Gato, por exemplo, nas Ribeiras (Mañón).
Podería tamén remitir a gatos monteses, mais é improbable, dada a cantidade de regos que aluden aos gatos.
FONTE GRADA (Ourol)
Do latín fons granata 'fonte importante, abundante'. O adxectivo "grada" aínda existe no portugués con este senso. Cf. Priberam.
Nese mesmo senso, J. Piel interpretou este topónimo, como "contendo o antigo adxectivo graado 'grande'" (cf. J. Piel, 1945. "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII).
Nicandro Ares decántase por unha orixe no latín fons grata, "fonte agradábel", aínda que non aporta raíces para rexeitar aquela etimoloxía (cf. N. Ares, 2011. "Estudos de toponimia galega". Vol I).
O mesmo topónimo en Torres Vedras (Portugal), así como en Vieiro coa grafía "Fontegrada".
FREIXEDAL (Ourol)
O termo "freixedal" indica un lugar onde abundan (terían abundado) as árbores chamadas "freixos".
Nicandro Ares decántase por unha orixe no latín fons grata, "fonte agradábel", aínda que non aporta raíces para rexeitar aquela etimoloxía (cf. N. Ares, 2011. "Estudos de toponimia galega". Vol I).
O mesmo topónimo en Torres Vedras (Portugal), así como en Vieiro coa grafía "Fontegrada".
FREIXEDAL (Ourol)
O termo "freixedal" indica un lugar onde abundan (terían abundado) as árbores chamadas "freixos".
Plural de "fulgueiral", lugar onde abundan os felgos.
A FURADA DOS AMERILLÓS (Ourol)
O termo "Amerillós" é de
significado e orixe incerta.
Podería vir dun
termo paleoeuropeo relacionado co tema *am-ar-, da raíz indoeuropea *am- "canle",
frecuente en hidrónimos. Estaría relacionado co topónimo Ameroce
(Celanova), documentado en 955 como Ameroz e Ameroci.
A GARITA (Bravos)
Este lugar, actualmente despoboado, aparece no dicionario de Madoz (séc. XIX) como "EURITA", erro de transcrición, moi probablemente por "Gurita" (pola contra, figura un "GARITA" en Xerdiz, o cal parece indicar que Gurita de Bravos non fose erro). O dicionario define "gorita" como sinónimo de garita, probablemente de aí veña o nome actual, ou ben de que se perdeu o apelativo "gurita" e tomou este nome por "etimoloxía popular".
Segundo Edelmiro Bascuas, os topónimos (A) Gurita, Gorita(s), Guritos, todos eles compartindo o sufixo tardolatino -ittu (do cal cabrito, forquita), teñen a orixe no tema paleoeuropeo *gur-, derivado da raíz indoeuropea *gwer- 'devorar, tragar'. Aínda que inicialmente esta raíz non fose específico da hidronimia, en moitas linguas acabou tomando acepcións dese carácter.
A GARITA (Bravos)
Este lugar, actualmente despoboado, aparece no dicionario de Madoz (séc. XIX) como "EURITA", erro de transcrición, moi probablemente por "Gurita" (pola contra, figura un "GARITA" en Xerdiz, o cal parece indicar que Gurita de Bravos non fose erro). O dicionario define "gorita" como sinónimo de garita, probablemente de aí veña o nome actual, ou ben de que se perdeu o apelativo "gurita" e tomou este nome por "etimoloxía popular".
Segundo Edelmiro Bascuas, os topónimos (A) Gurita, Gorita(s), Guritos, todos eles compartindo o sufixo tardolatino -ittu (do cal cabrito, forquita), teñen a orixe no tema paleoeuropeo *gur-, derivado da raíz indoeuropea *gwer- 'devorar, tragar'. Aínda que inicialmente esta raíz non fose específico da hidronimia, en moitas linguas acabou tomando acepcións dese carácter.
O GOIO (Xerdiz)
Orixe e interpretacións incertas.
Por un lado, o termo "goio" designa un "foxo", "furada", e tamén ten a acepción de "poza no río, de augas tranquilas e profundas" ("piago"). Cf. DRAG.
Por outro lado, indica Xulia Marquez para o Goios da Pontenova, que aparece nos exemplos antigos, xa no séc. XII como Gaudios. Por iso non queda moi claro se, tamén no caso de Ourol, podería referir ao nome Gaudio do antigo posesor do lugar.
O Nomenclator rexistra outros O Goio en Ponteceso, en Santiago e en Celanova , tamén Goios na Pontenova, e Os Goios en Brión e na Laracha.
AS GORPILLEIRAS (Ourol)
De "golpilleira". A voz "golpilleira" designa un covil de golpes ("raposos").
O GRANDAL (Xerdiz)
O topónimo "Grandal" deriva de "gandaral", abundancia de "gándaras".
O termo "gándara" ten varias acepcións, todas relativas a terreo improdutivo, polo xeral chan.
GROMÁ (San Pantaleón de Cabanas)
Topónimo escuro sen termos atestación antiga. Podemos supoñelo derivado de "Agro Mao", calificando a terra como pouco produtiva.
OS ILLÓS (Ourol)
Un "illó" é un sitio pequeno onde brota auga, e é pantanoso (cf. DdD). Podería derivar do latín vulgar *oculiolu, ou tamén da raíz indoeuropea *wel- 'xirar', a mesma raíz que a do topónimo "Ulla".
A INSUA (Ourol)
AS INSUAS (Ourol)
Do latín insula. Refire xeralmente a un lugar aillado (total ou parcialmente) polas augas, xeralmente dun río. Nese contexto, por veces designa terras entre dous ríos.
Do latín insula. Refire xeralmente a un lugar aillado (total ou parcialmente) polas augas, xeralmente dun río. Nese contexto, por veces designa terras entre dous ríos.
O LADRIDO (Ourol)
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, tanto na forma Ladrido (en Barreiros, en Ortigueira, en Samos, en Meis, ) como Ladredo(s) (en Parada de Sil, en Calvos de Randín, en Carballedo, en Muíños, en Manzaneda, en Celanova), Ladride (en Fazouro, en Palas de Rei, en Santiso, no Pino) e Ladreda (en Chantada, en Santiso, ..).
Debe tratarse dun hidrónimo, derivado do tema prerromano *lat-r- 'terreo pantanoso', de orixe céltica ou antigoeuropea, a partir da raíz indoeuropea *lat- "pantano, lameiro, lama". Sería o mesmo que no caso do "río Ladra" (e o seu afluente "A Ladrela" en Xermade), documentado no ano 572 como Latra (cf. CODOLGA). Indicaría, por tanto, un lameiro ou algo similar.
O topónimo "Ladrido" é frecuente na toponimia, así atopámolo en Samos, Meis, Barreiros, Ponteceso, e tamén "O Ladrido" en Arteixo e en Brión; ademais, aparece un "muíño de Ladrido" en Foz, e un "O lastrón de Ladrido" en Ferrol. Atopamos tamén coa forma "Ladride" en Foz, Baleira, Palas de Rei e Santiso. Así mesmo, aparecen Ladredo. Outros topónimos próximos similares son "O Campo da Ladra" nas Ribeiras (Mañón), "Pena Ladra" na Balsa (Muras). O Catastro de Ensenada de 1753 tamén rexistra un "Lugar de Ladrido" en S. Xulián de Cabarcos (Barreiros).
Por outro lado, González-Quevedo (cf. R. González-Quevedo, 2001. "La Fala de Palacios del Sil"), interpreta o lugar de L.ladréu (Palacios del Sil, León) como referencia á faldra do monte, derivándoo de latus, -eris ‘costado, lateral’. Similarmente, suxire ‘declive de un terreno’ Álvarez Maurín para os topónimos Latreto, Latruero, Laterario (cf. M. Pilar Álvarez Maurín, 1994. "Diplomática asturleonesa. Terminología toponímica"). Isto encaixa coas ´voces galegas ladreal, ladrairo, que dan nome ás cainzas laterais do carro (cf. DdD).
Finalmente, Navaza indicou que os topónimos Ladrido, Ladredo, poderían indicar abundancial de ladairos (latín vulgar latanariu); no entanto, tendo en conta a documentación antiga indicada, debemos descartalo, dado que no ano 897 debería manter o "n" intervogálico.
A LAGOA (Bravos)
Do latin lacuna 'concavidade'. É interesante notar que, nese senso de "concavidade" que se alaga, o topónimo "lagoa" está moitas veces asociado
a lagoas artificiais, por veces formadas no "cono de violación" de
mámoas, escavadas xa desde tempos moi antigos na busca de tesouros.
As primeiras mencións destas construcións rexístranse na Idade Media : "per
suis terminis ubi inueneritis lacos anticos et mamolas" (Tumbo de
Celanova).
A LEBORADA (Merille)
Referido a lugar onde abundaban as lebres
ou coellos.
LECÍN (Bravos)
De (uilla) Licinii, forma en xentivo de Licinius, nome de orixe romana, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola).
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Bravos (1753) vén recollido o lugar de "Chao de Lizin". No dicionario de Madoz (Séc. XIX) aparece como "LICIN".
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Bravos (1753) vén recollido o lugar de "Chao de Lizin". No dicionario de Madoz (Séc. XIX) aparece como "LICIN".
LEBORÍN (Miñotos)
De (uilla) Leporini, forma en xentivo de Leporinus, nome de orixe romana, documentado na alta Idade Media, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. Cf. aquí.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
LEONTE (Miñotos)
De *(uilla) Leonti, forma en xentivo de Leontius, nome de orixe romana, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola). Cf. aquí.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) como "LIONTE".
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) como "LIONTE".
LIÑARES (Xerdiz)
OS LIÑARES (Ourol)
Fitotopónimo transparente, remitindo a antigos lugares plantados de liño ou propicios para o seu cultivo.
A artesanía do liño tivo relevancia en Galiza, especialmente nas zonas do litoral e nalgúns vales do interior. O maior apoxeo desta industria artesanal deuse de mediados do século XVIII ata primeiro terzo do XIX. Neste período tecíase liño do país pero tamén de fóra, que entraba polos portos de Ribadeo, Carril e Vigo. Unha vez confeccionado o lenzo, era exportado para Castela e para América.
Aínda que ningún estes dous Liñares corresponde cun núcleo de poboación na actualidade, un deles é posíbel que o fose, pois figura un Liñares no 1305, que na listaxe semella estar preto de Izá, na dirección de Cabanas (O Vicedo):
" .. in montibus de Sor scilicet in locis inferius nominatis in Cornido in Nauacara (Nauaora?) in Carcallosa entre Ambolos Sores in Barroso in San Pantaon in Ysai in Lignares in Maia in Caparino in Cabanas .." (cf. E. Cal Pardo, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999).
LOIBÁN (Merille)
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
Podemos pensar nunha orixe en *(uilla) Lupiani, forma en xentivo de Lupianus, nome de orixe romana, referindo ao nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola).
Alternativamente, podería tratarse dun nome de posesor distinto e derivar de *(uilla) Liubiliane, forma en xentivo de Liubila, nome de orixe xermánica (HGN195).
O LUDEIRO (Ourol)
O nome "ludeiro" é variante da pronunciación de "lodeiro", indicando unha lameira, un terreo con lama. Alternativamente, tamén dá nome á árbore chamada "lamigueiro", "lotus",
Cf. DdDí.
O LUGAR DE LADRA (Ourol)
Podería referirse a "Lugar da Ladroa", dun alcume referido á posesora ou suceso ocorrido nese campo.
Porén, o topónimo "Ladra" é frecuente demais en Galiza para derivar sempre dunha "ladroa" que, se esa fose a orixe, sería un topónimo accidental e infrecuente.
Tendo en conta o anterior, sería axeitada unha orixe no tema prerromano *lat-r-, posiblemente céltico ou paleoeuropeo, derivado do proto-indoeuropeo *lat- 'pántano, lameiro, lama', o mesmo que ocorre no caso dos "río Ladra", documentados na Idade Media como Latera (cf. J.J. Moralejo. "Hidronimia prerromana de Gallaecia" in "Onomástica Galega II", 2008).
Outros topónimos cercanos similares son "Pena Ladra" na Balsa (Muras) e "Campo da Ladra" nas Ribeiras do Sor (Mañón). Tamén existe "Ladrido" en Ortigueira.
Outros topónimos cercanos similares son "Pena Ladra" na Balsa (Muras) e "Campo da Ladra" nas Ribeiras do Sor (Mañón). Tamén existe "Ladrido" en Ortigueira.
OS LUÍSES (Cabanas)
Topónimo transparente, que remite á familia dun antigo posesor do lugar, descendentes dun Luís.
MACEDO (Ourol)
Lugar onde abundan as maceiras.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
O MACHUCO (Miñotos)
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Miñotos (1753) vén recollido
.."un martinete de labrar hierro, y esta alsitio do Machoco"..
Tamén aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) como "MACHUCO".
A acepción do termo "machuco" corresponde co diminutivo de "macho", na acepción de "mazo", do latín marculum 'martelo pequeno'. Remite á existencia dun mazo hidráulico, movido pola forza do río.
MADRIÑÁN (Miñotos)
O nome destas terras pode remitir a unha persoa apelidada Madriñán (apelido de orixe detoponímica) ou ben directamente aludir a unha (uilla) Materniani, unha granxa ou explotación agrícola altomedieval que tería existido nese lugar, propiedade dunha persoa chamado Maternianus, nome de orixe latina.
A rentes deste lugar pasa o Rego de Madriñán, polo que ou o rego deu nome a esta parcela ou ben, se foi unha antiga uilla, esta deu nome ao rego. Igualmente o Nomenclator rexistra o Rego de Madriñán que pasa por Cervo.
Hai en Lalín unha freguesía Madriñán, que remite tamén a unha (uilla) Materniani.
AS MALATAS (Ourol)
O nome "malata" é sinónimo de "enferma de lepra".
Porén, pode significar tamén "os colonos": previamente á introdución do termo "malata" existía o termo "malada", que significaba "colono", e talvez, ao perderse o significado de "malada" se mudase o nome para o novo termo coñecido.
Para máis detalle, ver blog Pena da Cataverna, a entrada de específica.
A MALPAZ (Xerdiz)
Debe tratarse dunha evolución dun antigo Marpaz ou Marapaz. Así como o topónimo Marapaz (Roupar), derivarían do nome de muller "María Paz", o mesmo que o topónimo Maraboa deriva de "María Boa", o de Maradona de "María Dona" e o de Maraseca de "María Seca". Indicaría, xa que logo, "A (terra de) María Paz".
Por toda a Mariña atopamos topónimos similares, coa mesma orixe nun composto de "María". Así, atopamos A Maradona, Maraseca, e Maraboa en Barreiros, "A Marapega" (María Pega) no Vicedo, así como "A Maraleixa" (María Aleixa) en Chavín (Viveiro). Xa máis lonxe están Maramiga en Galgao (Abadín), Maramiguez en Cerdedo, etc.
Lembremos tamén o caso da "marafonsa", unha clase de mazá, cuxo nome viría de "María Afonsa".
MANGUELAS (Xerdiz)
Forma en diminutivo antigo de "manga", derivado do latín manica. Metaforicamente, alude a unha faixa do terreo, peza alongada de prado ou de terra de labor, que sai do corpo máis central da paraxe e que se introduce noutro.
Ao usar a forma de diminutivo en -ela, que xa decaeu na Idade Media, podemos pensar que é un topónimo xa abondo antigo.
É un topónimo relativamente frecuente, atopamos p. ex. outro "Manguelas" en Muras, e un "As Mangas" en Riobarba.
O MARCO (Ourol)
O nome "marco" refire a un lugar onde hai ou houbo un marco (pedra fincada no terreo, de límite territorial), posiblemente un marco medieval, un miliario ou incluso unha pedrafita ou menhir.
MATACEGO (Xerdiz)
Probabelmente se trate de referencia xocosa, aludindo á dificultade para o seu tránsito debido á súa orografía (talvez nunha encosta). Noutros casos pode aludir á dificuldade para o seu cultivo, quer por ser unha terra dura (barrenta talvez) ou con moitos coios.
Similar interpretación aplicaría a outros microtopónimos galegos como Matacego, Matacáns, Matalagartos, Matapeixes, Matabois, Matasapos, Matafillos, así como en Castela Matamujeres, Matacristianos, Matamaridos ou tamén "Fuente de Matahijos" ( augas insalubres?).
Nestes casos, por tanto, debe tratarse de "folk-topónimos", cunha unión estereotipada verbo+suxeito, igual que Cantarranas, Pousafoles, ou en Portugal Alçaperna ou Cargapalha.
Por outro lado, outras destas formacións deben aludir a unha mata, ou sexa a un bosque, a unha matogueira. Así, os topónimos galegos Matamillán ou Matafaxín, que aludirían ao posesor do bosque/matogueira.
Finalmente, tampouco se pode descartar que parte deles remitan a alcumes.
A MEÁ (Ourol)
Pobabelmente de (uilla)
mediana, 'vila do medio', situada equidistante a algo.
O MELLOTE (Ourol)
Significado e orixe incertas.
Talvez dunha raíz indoeuropea *mel- "aparecer, emerxer", frecuente nas distintas linguas derivadas, e que atinxiu nelas valores de tipo oronímico e hidronímico. Cf. aquí. O sufixo -ote tamén parece reforzar esta hipótese prerromana.Alternativamemente, de (agru) Meliotti, dun posesor chamado Meliottus, aínda que o feito de levar artigo parece desbotar esta hipótese.
O MENGUXO (Ourol)
Topónimo que remite ao nome Minguxo dun antigo posesor. Trátase do hipocorístico de Domingo(s), igual que Mingo, Mingolo.
O MERÁN (Ourol - lugar de Cernado)
Posiblemente de "Monte merán", monte con "mera" 'néboa miúda'. A palabra "mera" é de orixe prerromana, dunha raíz *m'r- relacionada coa auga.
Posiblemente de "Monte merán", monte con "mera" 'néboa miúda'. A palabra "mera" é de orixe prerromana, dunha raíz *m'r- relacionada coa auga.
Alternativamente de *(mons) Mirani, de *Miranus, hipocorístico de Mira, nome de orixe xermánica. Cf. aquí.
Dada a relativa abundancia de "monte Merán" (por exemplo, en Galdo, no Vicedo, etc), cremos máis plausíbel a primeira hipótese, pois se fose o nome dun posesor non estaría maiormente restrinxida a orónimos senón tamén sería aplicada a agros e uillae.
MERILLE (Merille)
Podería derivar de *(uilla) Mirelli, forma en xenitivo de Mirellus, nome de orixe xermánica, indicando o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola).
De feito, está atestado en 1124 como "sancta Eolalia de Mirel" (cf. CDMACM = E. Cal Pardo, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999).
Segundo J. M. Piel, viría de *(uilla) Maiorelli, forma en xenitivo de Maiorellus' (cf. aquí).
Alternativamente, Rosa Pedrero (1996) interprétao como relacionado coa raíz prerromana *mira, presente noutros topónimos como "Miranda" (cf. aquí). No entanto, a terminación "-ille" semella orixinada nun xenitivo de nome "possessor" medieval. Así, se consultamos as ocorrencias do topónimo "Merille" en Galiza (cf. aquí), observamos que están asociados a núcleos de poboación, o cal parece reforzar esta interpretación.
No século XVIII atopamos a localidade xa atestada como "Merille" (cf. "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
De feito, está atestado en 1124 como "sancta Eolalia de Mirel" (cf. CDMACM = E. Cal Pardo, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999).
Segundo J. M. Piel, viría de *(uilla) Maiorelli, forma en xenitivo de Maiorellus' (cf. aquí).
Alternativamente, Rosa Pedrero (1996) interprétao como relacionado coa raíz prerromana *mira, presente noutros topónimos como "Miranda" (cf. aquí). No entanto, a terminación "-ille" semella orixinada nun xenitivo de nome "possessor" medieval. Así, se consultamos as ocorrencias do topónimo "Merille" en Galiza (cf. aquí), observamos que están asociados a núcleos de poboación, o cal parece reforzar esta interpretación.
No século XVIII atopamos a localidade xa atestada como "Merille" (cf. "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
O MILLEIRO DE ABAIXO (Ourol - lugar do Milleiro)
O termo"milleiro" remite a un"terreo milleiro", terreo bon para o cultivo do millo miúdo, que produce boas colleitas de millo. Sería o caso análogo ao "terreo pataqueiro", aquel que rende boas colleitas de patacas.
O "milleiro" defíneno os dicionaros como "pé de millo, planta de millo".
Hai quen relaciona por veces "milleiro" co latín miliarium, porén, a non ser que houbese proba ao respecto, debemos asocialo ao significado máis común e, por tanto, máis probable: ao millo.
Ao ser, neste caso, un topónimo antigo, "millo" significaría "millo miúdo", que era o millo existente antigamente, antes de traer o millo de América.
MIÑOTOS (Miñotos)
A interpretación máis común deste topónimo é, de feito, a de lugar onde abundan os miñotos/miñatos/buxatos. Maiormente, esta interpretación básase en que figura atestado en 1124, nun documento en latín, como "sanctus Petrus de Miluis" (cf. E. Cal, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos". 1999). Este nome "Miluis" é o correspondente latino polo galego "miñato, buxato". Por tanto, xa daquela, o escriba asociou o topónimo coa ave, traducíndoo para o latín.
Joseph Piel, interpretou este topónimo "Miñotos" como zootopónimo, onde abundan esta ave (cf. J. Piel, par. 26 de "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ". 1966). Igualmente Nicandro Ares (cf. páx. 97, n. 42 de Lucensia) e J. J. Moralejo (cf. "Minius/Minho/Miño"), que rexeitou ligar etimoloxicamente este Miñotos co Miño, incluso rexeita asociar etimoloxicamente ao Miño para o afluente do Miño chamado "Miñotelo".
Pese á autoridade dos anteriormente citados, penso que o máis probable é que se trate dun etnónimo, aludindo a unha repoboación con oriúndos dalgún vale da beira do río Miño, talvez da Terra Chá. Penso que hai boas razóns que o sustenten:
Joseph Piel, interpretou este topónimo "Miñotos" como zootopónimo, onde abundan esta ave (cf. J. Piel, par. 26 de "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ". 1966). Igualmente Nicandro Ares (cf. páx. 97, n. 42 de Lucensia) e J. J. Moralejo (cf. "Minius/Minho/Miño"), que rexeitou ligar etimoloxicamente este Miñotos co Miño, incluso rexeita asociar etimoloxicamente ao Miño para o afluente do Miño chamado "Miñotelo".
Pese á autoridade dos anteriormente citados, penso que o máis probable é que se trate dun etnónimo, aludindo a unha repoboación con oriúndos dalgún vale da beira do río Miño, talvez da Terra Chá. Penso que hai boas razóns que o sustenten:
1) Tratándose do nome dunha parroquia, é un caso abondo común. Por citar algúns exemplos de nomes de parroquias ben coñecidos derivados de etnónimos, parte deles de repoboacións: Sarreaus, Bresmaus, Toldaos, Cumbraos, Astureses, Bascuas (<Vascones), Bascois, Barbos (*Bárbanos), Mariñaos, Coeses, etc, incluso Galegos, Suegos/Suevos, e de ben antigos como Céltigos, Labacengos, Prestamarcos, etc. Outros moitos probables tamén de antigo: Cabarcos, Magazos, Serantes, Ourantes, Xuances.2) Pola contra, é moi pouco común que o nome dun animal dea nome a unha parroquia. Pódese argumentar o caso de Cervo, pero é incerta a súa orixe e, aínda que fose o caso, seguiría a ser bastante infrecuente atopar zoónimos como nome dunha parroqua.3) O nome común da ave en toda a zona é "miñato" e non "miñoto.
Finalmente, tendo en conta o afluente do Miño chamado "Miñotelo", tampouco se pode rexeitar totalmente que este topónimo tivese a orixe nun hidrónimo, talvez fose algún dos afluentes do Landro que pasan por Miñotos, tais como o actual Rego de Besteburiz (que nace no Xistral) ou o rego das Balsadas (que nace no Pau da Vella). Temos outros exemplos que apuntan nesta dirección, como o do lugar de "Miñoto", no concello da Pastoriza, onde desemboca no Miño o río Madalena. Tamén atopamos un "Miortos" no Porto do Son.
No 1528 aparece xa como "Miñotos" no "Censo de Pecheros". Igualmente no século XVIII figura como "Miñotos" (cf. "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
MONTE DA CASILLA (Ourol - lugar de Requeixo)
Ver "A Casilla".
MOSENDE (Ourol)
O termo "Mosende" deriva da forma en xenitivo dun antropónimo de orixe xermánica. Neste caso, o antropónimo exacto é complexo de dirimir por falta de documentación. Unha posíbel orixe sería de Manosindus, nunha *(uilla) Manosindi, forma en xenitivo de Manosindus, nome de orixe xermánica que refire ao antigo posesor ou fundador da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola, casal). Alternativamente, o nome orixinario puido ser Madosindi, de Madosindus, aínda que non inflúe no resto da análise presentada.
O Nomenclator rexistra outro Mosende no concello do Vicedo.
O MUÍL (Ourol)
O nome desta entidade de poboación probablemente veña de (uilla) Modilli, forma en xentivo de Modillius, nome de orixe xermánica, referindo ao nome do antigo posidor da uilla (granxa, explotación agrícola).
A etimoloxía de Modillius estaría nas raíces xermánicas *mōdaz 'ira, raiba' e *heldjō 'batalla'.
Aínda que é estraño que teña artigo, puido ser engadido posteriormente, por falsa identificación con algún apelativo.
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Bravos (1753) vén recollido o "Campo do Muil".
Vén tamén recollido no dicionario de Madoz (séc. XIX) como "MUIL".
NOGUEIROÁ (Miñotos)
Remite ao diminutivo de "nogueira", coa forma en -oá (latín -ola). Esta nogueira, xa que logo, debeu ter interese por servir de referencia na paisaxe, talvez como linde ou similar.
Remite ao diminutivo de "nogueira", coa forma en -oá (latín -ola). Esta nogueira, xa que logo, debeu ter interese por servir de referencia na paisaxe, talvez como linde ou similar.
É un topónimo interesante para a lingüística polo testemuño do uso desta variante do diminutivo, fronte a máis comun en -oa doutras zonas de Galiza.
OUROL (Ourol)
De (uilla) Aurioli, forma en xenitivo de Auriolus, indicando o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola). O nome Auriolus está atestado en Galiza nos séculos X e XI.
O PALAIMO (Ourol - lugar do Viso)
O topónimo remite á existencia nese lugar dun "pelamio", curtidoría de peles. Cf. F. Cabeza. "Os nomes de lugar".
O primeiro "-a-" é debido á variabilidade articulatoria en galego das vocais átonas. Así, existe por exemplo, "Os Polaimos" en Mañón.
OS PALLIZOS (Xerdiz)
O adxectivo "pallizo" (constituído con palla) remite na toponimia a construcións cubertas de palla, como cabazos ou alboios.
Na Idade Media xa atopamos atestadas unhas casas "pallizas":
"kasas IIIes pallizas". Arquivo Catedral de León. 1023 (cf. M. P. Alvarez, 1994. "Diplomática asturleonesa": 309).
A PANDA (San Pantaleón de Cabanas)
Unha "panda" é un terreo
combado ("pandado").
A PEDRA CHANTADA (Ourol)
Este topónimo, de significado transparente, o mesmo que "pedra fita" ou "parafita", podería indicar a antiga localización dun marco medieval ou incluso dun menhir.
AS PAXOAS (Bravos)
O nome destas terras debe remitir a algún antigo posesor, de apelido Paxón ou oriúndo dalgún dos poboacións con este nome, como a existente en Viveiro ou a das Pontes.
En efecto, aínda que os dicionarios non rexistran "paxón", si recollen a voz "paxo" 'parado, falto de disposición', así como as derivadas paxolo, paxoco, paxote, paxoleiro, paxoliño. Tamén "apaxo" ten unha acepción de "folgazanaría". Podemos, por tanto, interpretar Paxón como aumentativo de "paxo", usado como alcume.
No caso que nos ocupa, presenta a forma plural feminina, típica formación na toponimia para adxectivar unhas terras co nome do posesor (As terras de Paxón > As Paxoas).
O Nomenclator rexistra un núcleo de poboación "O Paxón" no Freixo (As Pontes), outro núcleo de poboación "Paxón" en Viveiro, así como unha Cruz de Paxón en Vieiro. O caso da Paxota, en Moeche, tamén podería tratarse doutra variante, e relacionarse coa mesma motivación de alcume. Tamén As Paxonetas, nos Freires (Ortigueira), debe tratarse doutro derivado (o sufixo -etas dálle, de feito, un certo apunte despectivo, propio para un alcume, reforzando en parte a hipótese).
No caso do Apaxo (Vilalba), tamén podemos pensar nunha motivación semellante.
O PAZO (Ambosores, Merille, Miñotos)
OS PAZOS (Xerdiz, Miñotos)
O termo "pazo" deríva do latín palatium, e xa na Alta Idade Media a forma paaço tomou esta acepción actual de "casa señorial", edificación de residencia de familia nobre. E de notar que as referencias medievais a un pazo non deben entenderse como un pazo na actualidade, senón que remitirían simplemente á casa do señor, de boa feitura, probablemente de cantería, de dous andares e cuberta de tella ou lousa, en contraste coas demais casas, que serían de planta baixa e cubertas de palla.
J. J. Moralejo puxo en cuestión a etimoloxía latina, e refiriu estes topónimos a un prelatino indoeuropeo *palatio, que designaría unha especie de curro, lugar pechado onde os pastores recollían temporalmente o gado, harmonizando co sentido etimolóxico de "pastoriza" (cf. J. Moralejo, "Callaica Nomina", 2007)
Este topónimo, de significado transparente, o mesmo que "pedra fita" ou "parafita", podería indicar a antiga localización dun marco medieval ou incluso dun menhir.
PEDRAFITA (Miñotos)
Do latín Petra(m) Ficta(m), "pedra chantada", "pedra erecta", que indicaría a antiga existencia dun marco medieval, dun miliario romano ou dun menhir.
OS PEGOS (Bravos)
Terras ou lugar pertencente á familia de apelido ou alcume"Pego". De feito, o apel
ido "Pego", derivado dun alcume, xa figura atestado en Galiza no século XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos"). Como apelido, Pego é actualmente frecuente en Ortigueira, Cariño e Viveiro.
Aínda que "pego" ten tamén a acpción de "piago", non encaixa poi nesta zona o nome usado é "piago", tal como tamén recolle a toponimia (verr "PIAGOS").
O Nomenclator recolle outro Os Pegos en Barreiros, e tamén un "Os Peguiños" en Fazouro (Foz), para o cal ambas acepcións tamén semellan probables.
PENA DE POUSAFOLES (O Sisto)
O dicionarios de galego asignan ao nome "pousafoles" a acepción de "pousadoiro" (tamén á pedra situada aos lados da porta dun muíño). Aludiría a un lugar propicio para descansaren, no remate dunha costa ou nunha fonte, os que cargaban os foles (odres, pelellos) usados para cargar viño, fariña, cereais, en particular para carretar a fariña do muíño.
Tamén no astur-leonés existe o cognado posafuelles ‘posa, sitiu onde se fai una parada nun camín’ ‘casa onde suel parar muncha xente’(cf. "Revista de Filoloxía Asturiana, vol. 11/12").
Alternativamente, podería nalgúns casos aludir ao alcume dun antigo posesor dos terreos, xa que o termo "pousafoles" ten unha segunda acepción como alcume, referindo ao "presto en pousar a carga", en xeral a "persoa lenta e preguiceira". Igualmente no portugués antigo, "pessoa muito vagarosa ou indolente, que descansa ao menor trabalho".
Dada a relativa frecuencia de "Pousafoles" na toponimia, semella máis probable a primeira hipótese de "pousadoiro, lugar de descanso ao final dunha costa".
Son topónimos de certa frecuencia en Galiza, con equivalentes en Portugal e no noroeste da Península.
Xa figuran atestados no séc. XII:
[...] per Aluarellam inter sanctam Eulaliam et Galegos, per pausa Foles inter riuum et Armeam, et per mamonas de Lama [...] (cf. Tombo de Samos, CODOLGA)
[...] et inde ad lacunam de Latronibus et inde ad Pausa Folles et inde ad Barradelum et inde ad fogium Lobalem et [...] (cf. Tombo Catedral de Santiago, CODOLGA)
[...] et ad portellam de Villa Cova et inde ad Pousa Foles et ad portellam de Bezerros et inde ad terminum de [...] (cf. Braga, CODOLGA)
PENABADE (Ourol)
Orixe nun sintagma Pena Abade, que remite ao sobrenome ou oficio do posesor do lugar onde se sitúa a pena. Probablemente remitindo ao apelido, pois é frecuente (castelanizado en Abad) na Mariña e tamén na Terra Chá.
Tamén poderíamos interpretar Abbati como nome personal, tal como propón J. M. Piel para o topónimo análogo "Vilabade" (cf. J. Piel. "Novissimas achegas à história da tradição antro-toponomástica mais antiga latina no noroeste galaico", Verba 11).
Podemos relacionalo talvez co mesmo antropónimo que está detrás dos topónimos Cotobade: Nicandro Ares interpretou Cotobade como orixinado nun *Cottu Vati, remitindo ao antropónimo Vatis (Ares 2001:74). Por outro lado, Gonzalo Navaza, en base á documentación medieval, na que aparece sempre con "b", pensa máis ben no antropónimo Batus (cf. G. Navaza, 2019. "Cotobade. Nin couto nin abade").
O PEREIRO (San Pantaleón de Cabanas)
Pode provir tanto do latín petrariu, "pedreiro" como remitir a unha árbore pirariu que serviría de referencia.
A PÍA VELLA (San Pantaleón de Cabanas - lugar de Arrexoá)
Neste caso,
"pía" remitirá a unha 'peza de pedra cóncava onde cae ou se bota
auga'.
Tamén ten a acepción pía as que hai nas igrexas para o batismo.
AS PICHEIRAS (Ourol)
Aínda que os
dicionarios de galego non rexistran esta acepción, si rexistran
"pincheira" e "ficheira" con esta acepción.
O nome
"picheira" en portugués é o mesmo que "pichel", xarra para
sacar o líquido das cubas de viño.
Os vocábulos picho, picha, picheira deben provir dunha voz onomatopeica *picc- ou *bicc- ‘punta, pico’ pola forma bicuda e sobresaínte dos pichos.
O PIAGO (Miñotos)
O PIAGO MOURO (Cabanas)
Os termos "piago" e "peago", do latín pelagus 'pozo', designan unha poza profunda de auga, xeralmente nun río, o cal é o caso destes Piagos.
En efecto, este termo é definido por Piel como "sítio fundo do mar ou de um rio" (cf. p. 323, J. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII).
No caso do Piago Mouro, o adxectivo debe remitir a que as súas augas son percibidas como mouras debido á súa gran profundidade.
PIEDEGALDO (Cabanas)
Debe remitir a un antigo posesor "Pai(o) Galdo". En efecto, Galdo será o apelido ou directamente indicativo de ser oriúndo de Galdo (Viveiro).
A microtoponimia galega é frecuente os derivados de Paio, nas formas Pai- e Pei- . O caso Pie- debe tratarse dunha reinterpretación recente.
Poderíamos pensar nun composto "Piago de Galdo", mais este lugar está nun outeiro, máis que "piagos" (poza profunda de auga, xeralmente nun río), abundan os eólicos.
PIEGALBO (Xerdiz)
Topónimo derivado do composto "Piago Albo" ("piago branco"). Ver PIAGO para máis detalles.
O PISÓN (Ourol - lugar de Ourol)
O topónimo remite a un lugar no que estaría situado un pisón, similar a "batán", máquina hidráulica composta de grandes mazos que xiran para pisar os tecidos e darlles maior consistencia.
PORAMIGO (Xerdiz)
Orixinado nun composto *Pero Amigo do mesmo modo que Pordomínguez nun Pero Domínguez.
PORAMIGO (Xerdiz)
Orixinado nun composto *Pero Amigo do mesmo modo que Pordomínguez nun Pero Domínguez.
O termo Amigo refire ao apelido ("cognome") dun antigo posesor, sendo un apelido relativamente frecuente na Galiza medieval.
A síncope Pero > Per-/Por- é frecuente na toponimia galega (cf. X. L. González, 2023. "O nome " Pero" na (micro) toponimia").
Alternativamente, considerando a existencia de "Porto Amigo" en Mañón e mais a información indicada por José Puentes que por Ourol pasaba un vello camiño real despois de cruzar o río Landro polo Gromedoiro, non podemos descatar a orixe do topónimo nun "Porto Amigo".
Alternativamente, considerando a existencia de "Porto Amigo" en Mañón e mais a información indicada por José Puentes que por Ourol pasaba un vello camiño real despois de cruzar o río Landro polo Gromedoiro, non podemos descatar a orixe do topónimo nun "Porto Amigo".
Con todo, semella máis probable a primeira hipótese, tal como tamén J. M. Piel sostivo para este "Poramigo" específico de Ourol, e interpretouno como derivado de *Per'Amigo (<"Pedro Amigo"), e mencionando tamén a aldea de Peroamigo en Sevilla. Cf. p. 5 e ss., J. M. Piel "Os nomes germánicos na toponímia portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo XXVIII.
Non sería preciso que garde relación co Peramigo de Sevilla: este nome e apelido figuran atestados no medievo en Galiza: "Petro Amigo 1220, Petrum Amicum 1219 (Cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
Atopamos tamén o microtopónimo "Paramigo" no concello de Cariño.
Non sería preciso que garde relación co Peramigo de Sevilla: este nome e apelido figuran atestados no medievo en Galiza: "Petro Amigo 1220, Petrum Amicum 1219 (Cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
Atopamos tamén o microtopónimo "Paramigo" no concello de Cariño.
O PORCADO (Merille)
O PORCAO (Merille)
No dicionario de Madoz figura como
"PORCAO l. en la prov, de Lugo, ayunt. de Oról, felig. de Sta. Eulalia de Merille (V.). POBL.: 4 vec., 20 almas".
Confirma José Puentes que este lugar é en realidade O Porcao, mudándose o nome nos anos 80 do pasado século polo IGN, pensando talvez que en Ourol tiñan os mesmos hábitos falando galego que en Madrid tiñan co castelán.
Provén de Pero Cao, e aludiría a un antigo posesor do lugar chamado Pero (a forma medieval por Pedro) e apelidada Cao 'co cabelo branco'.
Alternativamente, podería pensarse que se tatase dun "Porto Cao", un paso de río ou montaña. Penso que é preferible a interpretación de Pero Cao. En efecto, hai moitos Por- na comarca, aos que segue un apelido; ademais, hai moitos "Porto " na zona (e.g Porto Carral) que nunca se sincoparon en Por-, co cal non parece que esta síncope fose o máis común.
A síncope Pero > Per-/Por- é frecuente na toponimia galega (cf. X. L. González, 2023. "O nome " Pero" na (micro) toponimia").
Por outro lado, comenta José Puentes que por este núcleo de poboación pasaba un vello camiño real despois de cruzar o río Landro polo Gromedoiro. Esta situación de paso no antigo camiño real é un dato que apunta na orixe do topónimo nun "Porto" (paso de río).
Canto a Cao, o adxectivo do latín canus 'branco', está atestado (aínda como "Cano") na onomástica medieval (xa existiu como cognome na onomástica latina), e sería orixinado nun alcume, referido ao "cabelo cao" ou á idade do posesor (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
É de notar que, se analizamos a distribución do apelido Cao, todo apunta a que unha das súas orixes foi en Ourol, talvez neste núcleo de poboación.
PORDOMÍNGUEZ (San Pantaleón de Cabanas)
PORLOFRE (Xerdiz)
PORNOVO (Merille)
Remiten ao nome dun antigo posesor do lugar, derivando dun sintagma *Pero Domingues, *Pero Lofre e *Pero Novo respectivamente, sendo Pero a forma común medieval do nome Pedro. É unha síncope frecuente na toponimia galega (cf. X. L. González, 2023. "O nome " Pero" na (micro) toponimia").
Canto a Lofre, debe tratarse dun alcume relacionado cos recollidos no dicionaro lofa, lofra, loufa, Loufrán, etc. O alcume Lofeno xa figura rexistrado na Idade Media (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
Temos tamén no Viveiró (Muras) Porlofe, que debe ter a mesma orixe (con haploloxía do segundo "r").
No caso de Pero Novo, é un apelido frecuente en toda a área Mindoniense.
PORTO CARRAL (Ourol)
No Catastro de Ensenada para a freguesía de Ourol (1753) vén recollido o "Porto de Carral", no límite da freguesía, que remitiría a un porto de montaña que tiña un camiño de carros.
POUPARIÑA (Ourol)
Este núcleo de poboación comparte topónimo coas veciñas A Poupariña de Momán e das Pontes.
Tendo en conta o significado portugués de poupa 'bubela' (lat. 'upupa'), Joseph Piel, interpretou os topónimos "Poupa" e "Poupariña" como nomes da "bubela", se ben non se mostra convencido (cf. J. Piel, 1966. "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ": 37).
Dado que unha referencia á ave bubela en singular non encaixa moito na toponimia, o máis probábel é que se trate do alcume dunha antiga posesora do lugar. Dada a coincidencia próxima desta Poupariña coas das Pontes e da de Xermade, semella plausible pensar que un daqueles foi o orixinario, en canto que o outro, e tamén este terreo de Ourol, poderían aludir á procedencia do posesor.
POUSADA (Merille)
POUSADA (Bravos)
Os topónimos Pousada, probabelmente elipse de uilla pausata, parecen remitir no latín a construcións dunha menor dimensión que unha vivenda permanente, talvez habitacións temporais de labradores ou pastores, próxima á explotación agraria. A partir desa acepción desenvolveríase a actual de ‘hospedaxe de características modestas onde habitualmente se aloxa xente que vai de paso’ (cf. DRAG), mais a que motivou os topónimos foi xeralmente a primeira (cf. A. Boullón, 2021. "Panorama da toponimia galega (a través dos seus nomes máis frecuentes)". In Estudos Linguísticos e Literários 71).
Canto á etimoloxía, trátase do participio de pausare 'deterse', 'descansar' (cf. M. Pilar Álvarez, 1994. "Diplomática asturleonesa. Terminología toponímica": 301).
O PRADO DO GUERREIRO (Ourol)
Alusión ao apelido dun antigo posesor.
O apelido "Guerreiro" xa figura atestado en Galiza no século XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos"). De feito, segundo o CAG, é un apelido frecuente na Mariña, e parece inferirse que tivo a súa orixe no concello de Muras.
PUNTIGO (Ourol)
Variante na pronuncia de "pontigo", ponte pequena. O xénero masculino reforza aínda máis a idea de "pequena dimensión".
PURAMIGO (Xerdiz)
Ver PORAMIGO.
AS QUEIMELLAS (Ourol)
Diminutivo derivado de "queima", probablemente en relación coas actividades de cavar na roza: nas que facían borralladas, ao queimaren os toxos e outros arbustos, que servían de abono para logo plantar o cereal.
A RAPADOIRA (Merille)
As formas deverbais co sufixo -oiro (< latín -oriu) dan nome a lugares nos que se realiza a acción asociada ao verbo do que derivan, tal como lavadoiro, parladoiro...Termo derivado a partir de rapar, co sufixo -oira (do latín -oria), unha rapadoira, alén de ser o ‘lugar onde se rapa’ (probabelmente eguas), tense vinculado co monte baixo poboado de xesta, carrasca ou toxo aproveitado para estrar as cortes (cf Navaza, 2011). Pode ser unha acción figurada, como talvez for o caso da Rapadoira (Foz), probabelmente remitindo ao vento "cortante".
A RASA (Miñotos)
Topónimo que alude a "(terra) rasa", na acepción de "pequena chaeira".
En efecto, aínda que o adxectivo "raso" tamén ten a acepción de "sen cultivar, de vexetación baixa", xeralmente na toponimia é usado na acepción de "lugar de orografía chá".
X. Ll. García Arias fai a mesma interpretación na toponimia asturiana (cf. X.L. García, 1984. "Pueblos asturianos: el porqué de sus nombres").
No caso concreto da Rasa (Miñotos), queda en efecto no alto do monte, no que hai unha chaeira.
REBEIRÓS (Ourol)
Diminutivo de "robeiro" ("carballo, aciña") ou de "ribeiro" ("río, encosta ao pé dun río, ribazo"). Aínda que a orografía apunte a "ribeiro", cremos máis probable a orixe en "robeiro", pola maior frecuencia de oscilación na pronuncia do -o- átono para -e- átono.
AS REBOIRAS (O Sisto)
Podería tratarse dunha evolución do latín vulgar roboria 'carballo'. A raíz latina para nomear o carballo non se conservou no galego, excepto no caso de "rebolo", carballo que ten nas follas unha pubescencia branca, e tamén os carballos novos.
Por outro lado, no dicionario de Aguirre, "reboira" figura como ‘rebolta’ (camiño de volta, o máis longo).
Con todo, nas formas toponímicas en -oura, -oira, -oiro, -ouro conflúen voces prerromanas que aluden a corga, o cal podería ser este caso, que remita a un Ripa Auria "Riba da corga", que neste caso se trataría da corga que desauga no Rego de Mosqueiros (cf. X. L González, 2024. "Mil topónimos opacos de castros e corgas - Parte I")
O REBOREDO (Merille)
O mesmo significado de “carballedo” ou “carballeira”, soamente que neste caso a orixe é no latín robur, "carballo", co sufixo abundancial –edo (do latín -etum), en canto “carballedo” vén de voz prerromana, xunto co mesmo sufixo abundancial romance.
A REGA (O Sisto)
AS REGAS (Ourol)
É xeralmente admitida unha orixe
pre-romana, dunha raíz "antigoeuropea" *rek-. Para unha
análise etimolóxica ampla de "rego", cf. Edelmiro Bascuas aquí.
O REGO DAS VARAS (Xerdiz)
Cremos que neste caso "varas" non ten o significado común de 'pau longo e delgado', senón que podería estar relacionado co termo, posiblemente prerromano, presente en topónimos como "A Vara" en Xove, ou Baralla, ou tamén "Varela".
REGO DE MADRIÑÁN (Miñotos)
Ver MADRIÑÁN.
REGO DO ARO (Ourol)
O significado de "Aro" debe estar relacionado coa raíz hidronímica prerromana *ar-, presente en moitos ríos europeos, e en particular en moitos "rego de Aro" da comarca.
Ver a entrada específica de blog A Pena da Cataverna para máis detalles.
O REQUEIXO (Ourol - lugar do Requeixo)
O dicionario define "requeixo" como "baixada dun monte en declive para un vale" (cfr. DdD), ou tamén lugar apartado, nun recanto. Rivas Quintas especifica que é a zona 'parte inferior do monte, ao pé do vale' (cf. E. Rivas, 2007. "Natureza, Toponimia e fala").
Estes topónimos, frecuentes na toponimia galega e moitos xa atestados na Idade Media, aluden polo xeral a recunchos ou recantos no terreo, por veces xerados por ángulos do río e outras veces remitindo a pregas e entalladuras montañosas.
No galego das Médulas (León) aínda se conserva viva esta voz, co significado de ‘Terreo resgardado; quebra do terreo; vagoada pendente e resgardada’ (cf. F. Bello, "Lexico, literatura y tradición oral en el entorno de las Médulas").
En efecto, a localización deste lugar confirma o anterior, pois trátase dunha zona relativamente chá no medio dunha zona en costa.
Segundo E. Bascuas (cf. VERBA, 2000), viría da forma prerromana *rek-, presente en palabras como "rego" (con "e" aberto), e do sufixo -asio, presente en topónimos como "Arteixo".
O REQUEIXIDO (Ourol)
Ver "O Requeixo".
REQUIÁN (Ourol)
De (uilla) Recchilani, forma en xenitivo de Recchila, remitindo ao nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola).
Este nome é de orixe xermánica, aínda que de aí non se derive que o posesor fose de tal orixe.
Os topónimos "Torno" e "Retorno" son de orixe prerromana, cun significado de "chorro de auga", probablemente derivados da raíz hidronímica prerromana *ter- 'frotar, atravesar'.
Ver a entrada específica de blog A Pena da Cataverna para máis detalles.
O termo
"revolta" refire unha curva de río ou camiño. Cf. DdD. Tamén ten esta acepción en portugués. Cf. Priberam.
REXULFE (Xerdiz)
Posiblemente de (uilla) Ragiulfi, forma en xenitivo de Ragiulfus, indicando o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola). Este nome é de orixe xermánica, posiblemente formado polos temas *Ragin- 'conselleiro' e mais wulf 'lobo' (a raíz xermánica tamén podería ser *rigi- 'trebas').
Ver tamén BESTERREXULFE, que podería ter orixe no mesmo posesor medieval, ou polo menos noutra persoa do mesmo nome.
É importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Idade Media.
É de notar que no século XIX figura atestado no dicionario de Madoz como
Ver tamén BESTERREXULFE, que podería ter orixe no mesmo posesor medieval, ou polo menos noutra persoa do mesmo nome.
É importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Idade Media.
É de notar que no século XIX figura atestado no dicionario de Madoz como
"Rejufulfe: 1. en la prov. de Lugo , ayunt. de Orol, felig.de Santa Maria de Gerdiz (V.). Pobl.: 43 vec , 52 almas". Probablemente se trate dun erro de transcrición.
RÍO LANDRO (Ourol)
Posiblemente do céltico *landa- "terreo cultivado" (cf. aquí). Hai quen o relaciona co apelativo "landra".
RÍO SOR (Varios)
Topónimo que ten orixe na hidronimia prelatina antigoeuropea. Ver a entrada de blog Pena da Cataverna.
O ROCELLO (Miñotos, Xerdiz)
SANGUÑIDO (Xerdiz)
O nome "rocello" é o diminutivo de "roza" 'monte que se cava ou ao que se lle queima a broza para cultivalo'. Neste sentido, Rivas Quintas tamén recolle "rocello" en Begonte como "Monte bajo con esquilme" (cf. DdD).
Hai unha acepción, que se recolle en Guitiriz e noutros puntos da Terra Chá, de "terreo pequeno e cercado". Esta acepción semella derivada e secundaria, probabelmente máis recente, polo que nos incluinamos pola acepción máis común (cf. Fernando Vázquez López, 2002. "A toponimia na Terra Chá lucense no Concello de Guitiriz", in Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega "Frei Martín Sarmiento").
SABUCEDO (Ourol)
Lugar onde abunda o "sabugo", tamén chamado 'vieiteiro'.
SANCHE (Bravos)
De (uilla) Sanctii, forma en xenitivo de Sanctius, indicando o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola). Este nome é de orixe latina ou romance.
SANGUÑIDO (Xerdiz)
Lugar onde abundan os sanguiños, planta arbustiva propia de lugares húmidos; a súa casca, seca, era empregada de purgante e de remedio contra a sarna, en canto o froito era usado para a obtención de tinturas.
SANTAR (Ambosores)
De (uilla) Sentarii, forma en xenitivo de Sentarius, indicando o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, casal, explotación agrícola). Este nome é de orixe xermánica, aínda que non se derive que o posesor fose de tal orixe. No Catastro de Ensenada para a freguesía de S. Pantaleón de Cabanas (1753) vén recollida a existencia dun "martinete de labrar fierro al sitio de Santar".
SEBRÁN (O Sisto)
De (uilla) Severiani, forma en xenitivo de Severianus, indicando o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola). Este nome é de orixe romana, aínda que non se derive que o posesor fose de tal orixe.
A SENRA (Merille)
Unha
"senra" ou "seara" é unha ‘sementeira de cereal’, un campo
cultivado. É de orixe prerromana, derivada da forma pre-céltica sénara.
SILVIDE (Xerdiz)
SILVOSO (O Sisto)
SILVOSO (O Sisto)
Os termos Silvido, Silvide, Silvoso aluden a un lugar onde abundan as silvas. Os abundanciais en -ide, como este Silvide, son relativamente frecuentes na bisbarra mariñá.
O SISTO (O Sisto)
Os topónimos Sisto, Sistelo, Sistelín e similares derivan con moita probilidade do latín sistere ‘colocar, establecer’, e terían un significado de "corte para o gado", en relación a lugares de pasto.
Podemos descartar a interpretación tradicional como referencia a un antropónimo, tal como o latino Sextus ou Sixtus:dada a gran frecuencia dos topónimos "Sisto", "Sistelos", "Sistelo", "Sistelín" é totalmente improbable que se dese tal frecuencia de lugares con nome de tal posesor para un nome "Sistus" tan pouco atestado.
Por outra banda, García Arias interpreta os asturianos "Sesto" e "Sestelo" como que "parece" posible a orixe en sextellus, relativo ao reparto de terras a sextos (cf. aquí). Desta opinión foi tamén Isidoro Millán , que indica que estes repartos ocorrerían na época sueva (cf. I. Millán, 1987. "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz"). Porén, a evolución de "sextu" para "sisto", coa palatalización do "e" en "i", sería tal anomalía na evolución do galego que semella rexeitable.
Podemos descartar a interpretación tradicional como referencia a un antropónimo, tal como o latino Sextus ou Sixtus:dada a gran frecuencia dos topónimos "Sisto", "Sistelos", "Sistelo", "Sistelín" é totalmente improbable que se dese tal frecuencia de lugares con nome de tal posesor para un nome "Sistus" tan pouco atestado.
Por outra banda, García Arias interpreta os asturianos "Sesto" e "Sestelo" como que "parece" posible a orixe en sextellus, relativo ao reparto de terras a sextos (cf. aquí). Desta opinión foi tamén Isidoro Millán , que indica que estes repartos ocorrerían na época sueva (cf. I. Millán, 1987. "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz"). Porén, a evolución de "sextu" para "sisto", coa palatalización do "e" en "i", sería tal anomalía na evolución do galego que semella rexeitable.
Como curiosidade, indicar que, de ser certa a interpretación de "corte para o gado", tería un significado análogo ao asignado para o topónimos Busto, Bustelo.
O SOBRADO (Ourol - lugar do Sobrado)
O apelativo "sobrado" refire no galego actual ao "piso superior dunha casa" ou "pavimento de madeira".
Na toponimia alude á existencia dunha (casa de) sobrado, ou sexa, de dous pisos.
Xaime Varela, analiza este termo no seu estudo da documentación medieval galega, concluíndo que se refire a un tipo de construción enteira, caracterizada por posuír dous pisos, en oposición ás "casas terreas" que soamente posúen un (cf. X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Igualmente, vemos que no norte de Portugal tiña o mesmo uso, inclusive no S. XVI, diferenciando "casas de sobrado" son diferenciadas coas "casas terreiras", dun só piso:
Como exemplo, na documentación antiga do norte portugués atopamos textos como:
Na toponimia alude á existencia dunha (casa de) sobrado, ou sexa, de dous pisos.
Xaime Varela, analiza este termo no seu estudo da documentación medieval galega, concluíndo que se refire a un tipo de construción enteira, caracterizada por posuír dous pisos, en oposición ás "casas terreas" que soamente posúen un (cf. X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Igualmente, vemos que no norte de Portugal tiña o mesmo uso, inclusive no S. XVI, diferenciando "casas de sobrado" son diferenciadas coas "casas terreiras", dun só piso:
Como exemplo, na documentación antiga do norte portugués atopamos textos como:
* "Item huma caza de sobrado telhada com sua varanda pera o poente .."* "Item huma caza de sobrado colmassa .."(cf. Tombo da Igrexa de S. Miguel de Lousada de 1542)
Xa J. Piel interpretara "sobrado" dun modo similar, aínda que coa diferencia de a ver como casa de certo lustre, "residencia máis ou menos fidalgas", pertencente á mesma categoría de "pazo" (<palatium) e sa (<sala). Cf. J. Piel, "Sobrado. Perfil histórico de uma palavra". 1953).
Tradicionalmente é interpretado como derivado de superatum, ou superadditum 'engadido por riba', no sentido de 'sitio alto, eminente, que sobresae'. Así, I. Millán defíneo como "terra alta, elevación dominante" (cf. I. Millán. "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987).
Tanto Piel como outros autores rexeitan interpretacións como a de provir de suberatum, tendo en conta a forma en que figuran na atestación medieval.
É un topónimo frecuente en todo o contorno, presente en Ourol, Viveiro, Xove, Foz, etc.
Tradicionalmente é interpretado como derivado de superatum, ou superadditum 'engadido por riba', no sentido de 'sitio alto, eminente, que sobresae'. Así, I. Millán defíneo como "terra alta, elevación dominante" (cf. I. Millán. "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987).
Tanto Piel como outros autores rexeitan interpretacións como a de provir de suberatum, tendo en conta a forma en que figuran na atestación medieval.
É un topónimo frecuente en todo o contorno, presente en Ourol, Viveiro, Xove, Foz, etc.
SUASUCHEIRAS (Ourol)
Composto por "Su-as-ucheiras", debaixo de "As Ucheiras". Ver "As Ucheiras".
O TARANCO (Ourol)
O termo "taranco" é de orixe prerromana, posiblemente céltica (cf. aquí), e inclúe os elementos *tar- "altura" e *-anc-, locativo. Tería, portanto, orixinariamente un significado de "lugar situado no alto".
TEIXIDO (Ourol)
Este topónimo alude a un lugar no que abundan as árbores chamadas "teixos (do latín taxu).
TIÑADE (Bravos)
Posiblemente de orixe antigoeuropea (pre-céltica), cun significado similar a "lama, lodo".
E. Bascuas estudou este topónimo relacionándoo coa base paleoeuropea *tin-, derivada da raíz indoeuropea *ta- 'derreterse, fluír', de carácter hidronímico, presente en múltiples topónimos. Proviría, segundo Bascuas, dunha forma *Tiniatum > *Tiñado > Tiñade (cf. p. 105 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia". 2006)
TOPETE, O (Xerdiz)
Este topónimo podería remitir á forma en diminutivo de "tope", talvez por algún tipo de saínte ou marco. Tamén "A Fonte do Topetón (Guitiriz) se atopa ao pé da Moa do Porto. Apoiando a interpretación relativa a penedo, o Nomenclator rexistra A Topetada e o Coto da Topetada en Muíños (Ou), con abundantes penedos.
Por outro lado, tamén podería remitir ao sobrenome Topete dun antigo posesor destes terreos.
Rosario Soto indica que este alcume xa está documentado como "Topete" ("guecho ou rizo de pelo que se levanta sobre a fronte") no séc XIII (cf. R. Soto, 2018. "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia").
A TORRE (San Pantaleón de Cabanas)
O termo
"torre" nestes topónimos xeralmente non se
refire estritamente a torres, senón a casas fidalgas ou a casas
grandes, de labradores ricos.
A TRABE (Ambosores)
É probábel que os frecuentes topónimos "A Trabe" remitan a unha árbore corpulenta da que se pode obter unha boa trabe (viga), sendo xa que logo un uso como sinécdoque. O Nomenclator rexistra en Valcarría (Viveiro) un "Souto das Traves" que alude claramente a esta acepción de trabe.
Así, Silveira indica que en portugués "trave" significou en portugués "não só madeiro, mas também árvore que dá madeira” e cita toponimos como "Vale da Trava" e "Vale das Traves" (cf. J. da Silveira, 1940 “Notas sôbre a toponímia do concelho de Nelas”, O Instituto, vol. 97, nº 5).
Así mesmo, para a toponimia leonesa, Pascual Riesco indícanos que "trabe" tamén se poder referir á ‘árbore productora de vigas’, poñendo o exemplo de Vila-Real
de Tras-os-Montes, onde "trabota" é un ‘castanheiro novo, delgado e direito’ (cf. P. Riesco, 2011. "Testimonios toponímicos del léxico arcaico de las provincias leonesas).
Por outro lado, Bascuas apuntou que podería ter nalgúns casos relación co tema paleoeuropeo *traw-, presente en hidrónimos, cun significado por veces similar "a charca", e derivado da raíz indoeuropea *ter- 'frotar, atravesar'. No entanto, o termo "trabe" admíteo con dúbidas, ao non poder separar os casos relativos a hidrónimos daqueles, aínda que improbables potencialmente existentes, que derivarían do latín trabs/trabis 'viga', o significado "viga" en topónimos (cf. p. 329 de E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia".
Se examinamos os topónimos "Trabe" existentes en Galiza, dáse cunha alta frecuencia en hidrónimos (Poza da Trabe, Río da Trabe, Val da Trabe, Val das Trabes, Fonte das Trabes), o cal parece afirmar a relación de "Trabe" con hidrónimos.
O TROBO (Bravos)
O dicionario define "trobo" como "colmea, tronco oco de árbore" (cf. DdD).
Xeralmente refírese á colmea feita de cortiza ou do tronco de árbore.
Con todo, os dicionarios recollen tamén acepcións relacionadas máis xerais, como ‘oquedade’ ou ‘concavidade’, o cal tamén podería encaixar no caso dun topónimo.
A súa etimoloxía é prerromana, dunha forma *trobanu. Así Bascuas relacionouno coa raíz indoeuropea *treb- ‘construción de madeira’, vivenda’, da mesma raíz que no latín trabs ‘trabe’, o irlandés medieval treb ‘casa’ e antigo galés treb ‘vivenda’.
É un topónimo con certa presenza na provincia de Lugo, en Barreiros, na Fonsagrada, Ourol, Vilalba, Abadín. Atopamos tamén Os Trobos en Cospeito, así como El Trobo nos concellos Eonaviegos de Castropol e a Veiga.
Xeralmente refírese á colmea feita de cortiza ou do tronco de árbore.
Con todo, os dicionarios recollen tamén acepcións relacionadas máis xerais, como ‘oquedade’ ou ‘concavidade’, o cal tamén podería encaixar no caso dun topónimo.
A súa etimoloxía é prerromana, dunha forma *trobanu. Así Bascuas relacionouno coa raíz indoeuropea *treb- ‘construción de madeira’, vivenda’, da mesma raíz que no latín trabs ‘trabe’, o irlandés medieval treb ‘casa’ e antigo galés treb ‘vivenda’.
É un topónimo con certa presenza na provincia de Lugo, en Barreiros, na Fonsagrada, Ourol, Vilalba, Abadín. Atopamos tamén Os Trobos en Cospeito, así como El Trobo nos concellos Eonaviegos de Castropol e a Veiga.
TUÍLLE (Bravos)
De (uilla) Theodiscli, forma en xenitivo de Theodisclus, indicando o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, casal, explotación agrícola). Este nome é de orixe xermánica, aínda que non se derive que o posesor fose de tal orixe.
AS UCHEIRAS (Ourol)
As "ucheiras" son as pedras do
forno. Ucheira viría do latín ustulare 'queimar, arder', polo que tamén podemos pensar nunha interpretación máis xeral de "lugar que ardeu" ou similar.
Talvez o topónimo estea referido aos esteos (pedras laterais) dun dolmen, por veces tamén referido como furna ou "furna dos mouros".
Talvez o topónimo estea referido aos esteos (pedras laterais) dun dolmen, por veces tamén referido como furna ou "furna dos mouros".
Existe a parroquia de
"Ucheiras" en Muras.
O UZAL (Ourol - lugar do Viso)
Topónimo transparente, que alude a un lugar poboado de uces.
O VEDRO (Ourol - lugar do Candedo)
OS VEDROS (Ourol)
OS VEDROS (Ourol)
O termo "vedro" é definido en galego como "os vestixios dos valadares de terra, dos cercados antigos dos montes, rozas, estivadas, etc" (Cf. DdD). No portugués antigo tiña un significado similar: "valo, tapume, cómaro con que se cercan os campos e searas" (s.v. "vedro", in Viterbo, "Elucidário", 1798).
É de notar, tal como rexistan os dicionarios de galego, que nalgúns lugares "vedro" tomou a acepción máis específica de "monte de rozas, que se cava para cultivalo con trigo ou centeo", aínda que o máis probable é que se trate da acepción xeral indicada previamente.
A VERDELLA (Ourol -lugar de Requeixo)
De "a (terra) verdella", terra de cor que tira a verde.
O VERDUGO (O Sisto)
Pode remitir ao alcume dun antigo propietario do lugar ou tamén pode traterse dun derivado de *virdūcu- ‘vara, retoño’, o mesmo que Berducedo, Verducido, Bordozedo (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
VIGO (Miñotos)
Este topónimo, moi frecuente en Galiza, provén do latín vicus 'aldea' e remite a un asentamento semiurbano ou rural sen fortificar (cf. F. Pérez Losada: «Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueohistórico dos “aglomerados secundarios” romanos en Galicia»: 26-34, in Brigantium, 13).
A voz "vigo" non tivo continuidade no galego, por tanto estes topónimos deberon conformarse nun marco cronolóxico antigo. En efecto, deberon ser asentamentos anteriores ao século IX, xa que na documentación que coñecemos a partir desta data non parece atoparse referencias posteriores a vicus, senón que se fala de uilla ou uillare,e máis tarde tamén de casale.
Por outra banda, a súa orixe non debe ser anterior ao século III, pois foi entón cando comezan a estenderse este tipo de asentamentos aldeáns polo Noroeste (cf. José C. Sánchez, 2008."Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media" : 78).
En resumo, o seu interese arqueolóxico pode ser importante, ao referenciar poboamentos abertos fundados nunha época coincidente co abandono dos castros.
O reparto maioritario destes topónimos nas provincias da Coruña, Lugo e no occidente asturiano é relacionado por algúns autores cos modelos sociais existentes antes da conquista romana. Ao sur de Galicia –con continuidade a Portugal– existen dende o século II a. C. grandes uillae de ata 20 hectáreas, integradas en redes comerciais que ligan co Mediterráneo e cunha acentuada hierarquización social (González Ruibal, 2006: 410-419). Por outra banda, ao Norte e tocando parte do occidente asturiano, atopariamos unha poboación non hierárquica, con pequenas poboacións e que evita a aparición de núcleos territoriais como os do sur (cf. A. Menéndez Blanco, 2015. "Toponimia ya arqueoloxía: dalgunos apuntes sobre’l sou usu complementariu a partir d’experiencias investigadoras na Asturias occidental": 92-93).
O VILAR (Merille)
O termo
"vilar" inicialmente indicaba unha explotación agraria situada na
estremeira dunha uilla, da cal se vai progresivamente escindindo ou esguizando
ata adquirir entidade propia" (cf. p. 221 de C. Baliñas. "Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media (séculos VIII e IX)").
É moi probábel que na
orixe de moitos dos topónimos baseados en "vilar" ou derivados
proveñan de significados de carácter máis ben agronímico, máis que de núcleos
habitados.
Porén, na actualidade,
os dicionarios refiren a un "casarío", "aldea pequena, lugar
pequeno", se ben tamén recollen o termo como "conxunto de terras a
labradío, cercadas ou pertencentes a varios donos". Elixio Rivas rexistra
en Vilalba a acepción "Conjunto de fincas que siguen los mismos
cultivos, polígono de labradíos", e F. J. Rodríguez nesa mesma zona: "heredad
grande, que descansa y se aplica a centeno [...], de varios partícipes".
Unha acepción de L. Carré foi "Campo en barbeito ou restreva despois de recollido o
froito".
Cf. DdD.
VILABUÍN (Miñotos)
De (uilla)
Avolini, forma en xenitivo de Avolinus, indicando o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola). O nome Avolinus é moi probablemente un derivado do latín Auus (avó). No entanto, Boullón Agrelo ten suxirido unha posíbel relación co galicismo (ou catalanismo) avol 'malo, vil, ruín, cativo'.
VILADÓNIGA (Ourol)
Derivaría do sintagma vila-dóniga, do latín uilla
dominica 'vila "dominicada", vila do señor'. De feito, na parte norte deste lugar atópanse unhas terras chamadas "O Pazo. Os dous topónimos confírmanse mutuamente.
Almeida Fernandes, en base a múltiplos exemplos documentais medievais galegos e do norte de Portugal, interpreta as formas dónega e dónego (coas variantes dóniga/dónigo, donga), como indicativos dun estado da propiedade que se consideraba «terra domnica». Cando estas terras eran adquiridas, mantiñan unha reserva señorial, considerada a «ratio domnico». Nas súas propias palabras:
Almeida Fernandes, en base a múltiplos exemplos documentais medievais galegos e do norte de Portugal, interpreta as formas dónega e dónego (coas variantes dóniga/dónigo, donga), como indicativos dun estado da propiedade que se consideraba «terra domnica». Cando estas terras eran adquiridas, mantiñan unha reserva señorial, considerada a «ratio domnico». Nas súas propias palabras:
Esses numerosos casos toponímicos exemplificam, pois, a existência de um estado da propriedade que se considerava, e certamente mesmo se denominava, «terra domnica» (1071, DC 497), cuja origem, pelo menos em muitos casos, pode estar numa fração de livranças novas em terras dominiais por solarengos, que as adquiriam com uma reserva senhorial, considerada a «ratio domnico» (1034, DC 274). E essa fração, conforme o tipo do prédio, tomaria designações específicas: o casal e o agro, a «villa» e a «quintã», «valle», bem como os acidentes de prédios – a leira, a várzea, a vinha, o souto, o paul, o pomar, o pomeiro, o talho, a entrada, e ainda o suco, a fonte, a eira, o valo, e mesmo o paço ou a «pena». Todos eles dominicatos e por isso denominados domnicos (cf. A. Fernandes, 1981. "A Nobreza na Época Vimarano-portugalense").
Na mesma obra, Fernandes postula que a fixación dos topónimos Dónigo/Dónego aconteceu nos séculos IX a XI, en base á súa existencia en Portugal na zona correspondente á extensión da conquista cristiá nesas alturas.
É importante remarcar que dóniga/dónega (e tamén coa forma "donga") non indicaban a "pertenza a unha dona" como teñen interpretado algúns autores, senón que funcionaban como meros adxectivos concordantes co nome. Así, no topónimo galego "Casasdónigas", "dónigas" concorda en xénero e número con "casas", non indica tampouco que pertenzan as casas a "donas", senón que son casas "domnicadas", casas "do señor".
Tamén é bon reparar que Almeida Fernandes diferencia entre dónego/a e donego/a, onde o termo "dónego/a" refire a predios con certa ligazón co domnium (señor), en canto "donego/a" chegaría a ser usado nos finais da Idade Media como sinónimo de ‘vilán ennobrecido’. En efecto, menciona numerosos topónimos medievais nos que donegos alude a unha finca cuxos propietarios pertencen ao escalón inferior da nobreza: senra domnica (963), palacio domingo (1013), ratio donniga (1032), terra domnica (1071), larea doniga (570), pomar donego (1258), etc (cf. p. 247 e p. 449, A. Almeida, 1999. "Toponímia portuguesa. Exame a um Dicionário".
VILALVERDE (Xerdiz)
Debe provir do composto "Vilar Verde", adxectivando a cor do lugar. Tampouco é descartábel que proceda dun uillare Uiridi sendo Uiridi a forma en xenitivo de Viridius, o nome dun antigo posesor do uillare.
Máis probábel semella a primeira opción, xa que hai moitas vilas e vilares "verde" na toponimia galega para que todos remitisen a ese nome persoal, pouco común na documentación medieval.
VILARES (Merille)
Ver "O
VILAR".
VILATÁN (Ourol)
De (uilla)
Athani, forma en xenitivo de Athanus, indicando o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola). Este nome é de orixe xermánica, aínda que de aí non se derive que o posesor fose de tal orixe, pois eran nomes "de moda" na alta Idade Media.
O VISO (Ourol)
O termo "viso" alude a un "sitio alto, sitio elevado", con boa visibilidade (cf. DdD).
XANCEDA (Ourol)
Probablemente do latín saliceta, aludindo a un lugar no cal abundan os salgueiros.
O XASTAL (Ourol)
Variante escrita de "xestal", lugar onde abundan as xestas.
XERALEIRA (Ourol)
Variante na escrita por "xaraleira", o mesmo que "xaral", terras de
"xabre" (unha terra areosa dura, xeralmente formada pola descomposición do granito).
Na contorna existe tamén en Bares "Xuxarrido", de "Su Xarrido" e outros "Xaral" nas Negradas, en Landrove, etc.
XERDIZ (Xerdiz)
Derivado de (uilla) Seserici, forma en xenitivo de Sesericus, o antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola, casal). Este nome é de orixe xermánica, aínda que de aí non se derive que o posesor fose de tal orixe, pois eran nomes "de moda" na alta Idade Media.
Está atestado como "Seserit" nun documento do século XII (cf. Flórez, "España Sagrada" aquí. Esta grafía con final en "-t" indicaría a pronuncia medieval que deu na actualidade a pronuncia "-z").
A evolución fonética de /sezerits/ > /xerdiz/ non presenta maiores problemas en galego, tal como aconteceu con cerzido > cerdido, a sibilante sonora /z/ pasou a /d/ por disimilación coa sibiliante de comezo de palabra. A palatización da sibilante inicial tampouco presenta maior problema na fonética galega.
A forma intermedia "Xederiz" aparece no "Censo de Pecheros" de 1528, e sobre o 1591 xa é transcrito como Xerdiz, e como "Jerdis" no "Censo de la Sal" de 1631.
En 1703 figura como "Gerdiz" nun documento da Chancelería de Valladolid (cf Biblioteca Galiciana). Igualmente nos finales do século atopámolo atestado como "Gerdíz" (cf. aquí "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
Está atestado como "Seserit" nun documento do século XII (cf. Flórez, "España Sagrada" aquí. Esta grafía con final en "-t" indicaría a pronuncia medieval que deu na actualidade a pronuncia "-z").
A evolución fonética de /sezerits/ > /xerdiz/ non presenta maiores problemas en galego, tal como aconteceu con cerzido > cerdido, a sibilante sonora /z/ pasou a /d/ por disimilación coa sibiliante de comezo de palabra. A palatización da sibilante inicial tampouco presenta maior problema na fonética galega.
A forma intermedia "Xederiz" aparece no "Censo de Pecheros" de 1528, e sobre o 1591 xa é transcrito como Xerdiz, e como "Jerdis" no "Censo de la Sal" de 1631.
En 1703 figura como "Gerdiz" nun documento da Chancelería de Valladolid (cf Biblioteca Galiciana). Igualmente nos finales do século atopámolo atestado como "Gerdíz" (cf. aquí "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
XESTIDO (Miñotos)
O topónimo é transparente, facendo referencia a un lugar no que abundan as
xestas.
Este lugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este nome.